BNG de Miño

Página web

BNG de Miño Asemblea Local do BNG en Miño

🌳  O BNG de Miño propón converter o Parque da Telleira nun punto de encontro para toda a veciñanza de Costa Miño cunha á...
15/10/2026

🌳 O BNG de Miño propón converter o Parque da Telleira nun punto de encontro para toda a veciñanza de Costa Miño cunha área canina e unha zona de calistenia

📝 Outra proposta a debate plenario é a creación dunha rede de illas climáticas en Miño para combater a calor e tamén nos interesaremos de novo pola situación do CPI Castro Baxoi

Ligazón ao artigo completo en comentarios ⬇

❕ Hoxe ás 20.00h terá lugar un novo pleno ordinario do Concello de MiñoNo BNG levamos diversas iniciativas a debate, com...
15/10/2026

❕ Hoxe ás 20.00h terá lugar un novo pleno ordinario do Concello de Miño

No BNG levamos diversas iniciativas a debate, como a mellora do Parque da Telleira na urbanización Costa Miño, dotándo ao espazo cunha área canina e unha zona de calistenia, ou a creación dunha rede de illas climáticas no casco urbano de Miño para reducir os efectos das altas temperaturas e mellorar o confort térmico dos espazos públicos.

Tamén falaremos da necesidade de repintar as sinais horizontais das estradas de Costa Miño e preguntaremos de novo polo estado do ascensor do CPI Castro Baxoi e se o Concello de Miño cubriu xa a praza vacante de conserxe do centro.

🔎 Podes ver o resto das nosas propostas na imaxe que acompaña a publicación!

14/10/2026

E se puidésemos desfrutar dun verdadeiro parque urbano en Costa Miño que contase cunha área canina e unha zona de calistenia?

🏗 As obras da rúa Real poden ser unha oportunidade para avanzar cara a unha rúa máis amábel para as persoasDesde o BNG c...
06/10/2026

🏗 As obras da rúa Real poden ser unha oportunidade para avanzar cara a unha rúa máis amábel para as persoas

Desde o BNG consideramos que as obras iniciadas ofrecen unha oportunidade para analizar como funciona a circulación cando os vehículos deixan de utilizar esta vía como alternativa a rúa Carreira para implementar unha futura zona de preferencia peonil

Ligazón ao artigo completo en comentarios ⬇

O domingo 4 de outubro a Coordenadora Galega de Solidariedade coa Palestina convoca unha manifestación nacional baixo o ...
27/09/2026

O domingo 4 de outubro a Coordenadora Galega de Solidariedade coa Palestina convoca unha manifestación nacional baixo o lema "Galiza con Palestina. Resistencia, liberdade e Paz". Fagamos ese día a maior mostra de solidariedade e apoio do pobo galego coa Palestina!

📅 Domingo, 4 de outubro
🕗 12.00 horas
📍 Alameda de Santiago de Compostela

RESISTENCIA, LIBERDADE E PAZ! ✊
Mobilízate!

25/09/2026

🚍 O alumnado de FP e bacharelato de Miño non ten asegurada unha praza na liña de transporte integrado a Betanzos e é habitual ver a rapazas e rapaces quedar nas paradas ou viaxando de pé

❗ O goberno do PP na Xunta de Galiza debe atender a un problema que se repite día tras día e poñer todos os medios necesarios para garantir que todo o alumnado poida desprazarse a Betanzos con total seguridade

🚍 O BNG urxe a Xunta de Galiza a ampliar a liña de autobús a Betanzos que utiliza o alumnado de MiñoA formación nacional...
24/09/2026

🚍 O BNG urxe a Xunta de Galiza a ampliar a liña de autobús a Betanzos que utiliza o alumnado de Miño

A formación nacionalista anunciou o rexistro de novas iniciativas no Parlamento de Galiza para esixir ao goberno galego que garanta que alumnado de Miño poida chegar aos centros de ensino e anima a veciñanza a participar da concentración convocada mañá ás 7.50h da mañá

Ligazón ao artigo completo en comentarios⬇

Cunha pequena lectura duns minutos, explicámosche o que ocorreu no pleno ordinario do mes de setembro!
20/09/2026

Cunha pequena lectura duns minutos, explicámosche o que ocorreu no pleno ordinario do mes de setembro!

❕ Hoxe ás 20.00h terá lugar un novo pleno ordinario do Concello de MiñoDesde o BNG, centraremos o debate arredor da nece...
17/09/2026

❕ Hoxe ás 20.00h terá lugar un novo pleno ordinario do Concello de Miño

Desde o BNG, centraremos o debate arredor da necesidade de recuperar un horario acorde a legalidade nos ciclos da ESO no CPI Castro Baxoi ou a demanda de maiores medidas a Xunta de Galiza para paliar os danos provocados pola presenza do xabaril.

Tamén falaremos da falta de previsión do goberno municipal na preparación da tempada de verán, a necesidade de limpeza dos sumidoiros do casco urbano de Miño ou dos motivos polos que comezou o curso no CPI Castro Baxoi sen conserxe e co ascensor avariado.

🔎 Podes ver o resto das nosas propostas na imaxe que acompaña a publicación!

📝 O BNG reclama á Xunta de Galiza que corrixa de inmediato o horario da ESO no CPI Castro Baxoi e cumpra a normativa edu...
16/09/2026

📝 O BNG reclama á Xunta de Galiza que corrixa de inmediato o horario da ESO no CPI Castro Baxoi e cumpra a normativa educativa

Ligazón ao artigo completo en comentarios⬇️

Dirección

Betanzos
15300

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando BNG de Miño publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir