26/05/2026
𝗢 𝗖𝗔𝗥𝗥𝗘𝗜𝗥𝗢 - 𝗪𝗜𝗡𝗘 & 𝗧𝗔𝗣𝗔𝗦 | 🔵 O alcalde da Guarda, Roberto Carrero, continúa coa campaña de promoción dos novos establecementos dando o seu apoio aos emprendedores do noso municipio.
🍽️ Nesta ocasión, visitou O Carreiro - Wine & Tapas , un novo espazo gastronómico situado na Rúa do Porto, 58; que busca ofrecer unha experiencia baseada no tapeo galego, os produtos do mar e unha coidada selección de viños.
🧑🍳 Á fronte deste novo proxecto atópase Loren García Alonso, impulsor dun local pensado para desfrutar dunha proposta informal e de calidade nun enclave privilexiado xunto ao mar. A apertura deste novo establecemento axuda tamén a diversificar a oferta gastronómica da zona do Porto, apostando por un ambiente acolledor e unha atención personalizada.
🍴 A proposta culinaria de “O Carreiro – Wine & Tapas” combina sabores tradicionais e actuais, cunha ampla variedade de tapas e pratos para compartir. Na súa carta destacan especialidades do mar como o polbo á feira, as zamburiñas, as navallas ou as luras, ademais de táboas de queixos e embutidos, croquetas de diversos sabores, tostas, hamburguesas, pizzas e deliciosas sobremesas.
🍷 O local presta tamén especial atención á súa selección de viños, buscando ofrecer unha experiencia gastronómica completa arredor do concepto “wine & tapas”, sendo un punto de encontro onde desfrutar do produto, descubrir novos viños e vivir unha experiencia cercana.
🕤 “O Carreiro – Wine & Tapas” abre de luns a domingo en horario de 10:00 a 00:00 horas, permanecendo pechado os mércores por descanso do persoal.
👥 O alcalde da Guarda, Roberto Carrero, visitou o novo establecemento para coñecer o local de primeira man e felicitou ao seu responsable pola aposta “por dinamizar o tecido hostaleiro e comercial do municipio, creando novos espazos de encontro e contribuíndo á oferta turística e gastronómica da Guarda”.
👏 Dende o Concello da Guarda continúase apoiando e dando visibilidade aos novos proxectos que contribúen á xeración de actividade económica, á creación de servizos e á dinamización das distintas zonas do municipio.