10/10/2026
Así que, a día de hoxe, no rural de Galicia, na aldea de Espasande de Arriba a piques de desaparecer por falta de vida, funciona unha industria capaz de producir 10.000 botellas de sidra natural, 5.000 de zume de mazá, vinagre e destilados de sidra, ademais de atraer turismo de experiencias sen impacto na contorna urbana e paisaxística, absolutamente integrada, con partes soterradas e novos volumes, e sen impacto ecolóxico por mor da economía circular na revalorización dos residuos.
Nesta intervención a arquitectura abrangue o todo, dende o uso da madeira e a cantería ata a excelencia dos produtos alimentarios finais, dende a recuperación dos vellos oficios ata a experiencia inmersiva dos visitantes, dende a enxeñeira de procesos ata o deseño de interiores.