Autoservicio Ucha

  • Home
  • Autoservicio Ucha

Autoservicio Ucha Contact information, map and directions, contact form, opening hours, services, ratings, photos, videos and announcements from Autoservicio Ucha, Grocers, Avda. Andurique, 52, 36163 Poio, .

🚨 Último día para conseguir os seguintes produtos en oferta!Tiveches preguiza de vir mercar estes días? ☺️ Lembrámoste q...
06/11/2024

🚨 Último día para conseguir os seguintes produtos en oferta!

Tiveches preguiza de vir mercar estes días? ☺️ Lembrámoste que aínda estás a tempo de levar calquera dos produtos anunciados a un prezo moi interesante, como o aceite de xirasol da marca abril por 1'35€ ou a lata de Coca Cola por 0,83€.

‼️🔥Mañá entran novas promos, así que animámoste a que de cando en vez lles botes unha ollada ás nosas redes sociais para estar ao tanto delas. En historias destacadas habilitamos unha sección onde imos subindo ofertas, e na cristaleira do local hai unha pantalla para aquelas persoas que non poden revisalas por aquí.

Aforra apoiando ao comercio local! 🫶🏼

🔴🧅Imaxinádesvos como sería a cociña sen cebolas? Nós tampouco! E por iso puxemos o kg delas a menos de 1€ 💸. A que agard...
05/11/2024

🔴🧅Imaxinádesvos como sería a cociña sen cebolas? Nós tampouco!

E por iso puxemos o kg delas a menos de 1€ 💸. A que agardas para facer unha boa despensa? 😝

⏰Ata fin de existencias.

✅🐟 Sabías que o bacallau mellor valorado é o islandés?O bacallau islandés ten fama pola súa calidade incomparable. O seu...
16/10/2024

✅🐟 Sabías que o bacallau mellor valorado é o islandés?

O bacallau islandés ten fama pola súa calidade incomparable. O seu sabor e textura suaves son resultado dunha crianza en augas máis limpas e frías e dunha alimentación rica en proteínas, ao que se lle suma un proceso de pesca máis respectuoso que garantiza a conservación das pezas en perfectas condicións.

En Autoservicio Ucha (Claudio Express Poio) traballamos co auténtico bacallau islandés en case todas as súas formas (migas, colas, folla...). E que orgullosos estamos de atopar un peixe coma este!👏🏼 Grazas á selección meticulosa dos nosos proveedores podes desfrutar dun bacallau de 10 que ata os restaurantes nos solicitan (e xa nos comentaron que os comensais quedan ben contentos 🤭).

Sabemos que o produto é bo cando cunha allada, ou unicamente botándolle unhas pingas de aceite, queda un prato espectacular e nutritivo. Se non tes claro o menú de mañá, aí vai unha idea coa que atinas seguro, pero non esquezas o pan para mollar! 😋

09/10/2024

🔴🎉Noraboa á persoa que ten o número 159!!👏🏼

‼️Lembrámoste que tes un prazo de 5 días laborais para solicitar o teu .

E para as persoas que non resultáchedes gañadoras, non vos preocupedes, quizais teñades máis sorte na próxima❤️. Moitas grazas por participar e vémonos onde sempre!

⏳Último día para participar no   do   !!Mañá día 9 ao peche (20:45h) celebrarase o sorteo do iPhone 14, aínda estás a te...
08/10/2024

⏳Último día para participar no do !!

Mañá día 9 ao peche (20:45h) celebrarase o sorteo do iPhone 14, aínda estás a tempo de participar! Anunciaremos o resultado por redes sociais e presencialmente. Para asegurar a máxima transparencia contaredes cun vídeo en Instagram e facebook onde se amosará todo o proceso, polo que animamos a todo o mundo a a que nos siga por aquí.

Lembra que a persoa gañadora terá un prazo de 5 días para solicitar o seu premio. Moita sorte!🍀

🛒 NOVOS PRODUTOS Á VENDA!Xa comezamos a incorporar novidades en distintas seccións   con produtos que ata agora non tive...
06/10/2024

🛒 NOVOS PRODUTOS Á VENDA!

Xa comezamos a incorporar novidades en distintas seccións con produtos que ata agora non tivemos no Autoservicio Ucha (Claudio Express Poio). 🤤 Dende doces ata salgados!

Hai algún produto que che gustaría que conseguíramos? Coméntanolo por aquí e valoraremos a posibilidade de engadilo. Non sería a primeira vez que unha das vosas propostas resulta unha moi boa idea! ❤️

🚨💸A quen non lle gusta aforrar uns cartiños? Seguimos coa semana de ofertas en Autoservicio Ucha (Claudio Express Poio)....
03/10/2024

🚨💸A quen non lle gusta aforrar uns cartiños? Seguimos coa semana de ofertas en Autoservicio Ucha (Claudio Express Poio). Froita, doces, aceite... Unha chea de produtos agardan por ti! Tes ata o día 9 de outubro para aproveitarte destes prezos e de paso participar no sorteo dun iPhone 14 ou dun paraugas Sargadelos.

Lembra que cada semana iremos subindo por aquí novos descontos, síguenos para estar ao tanto deles!

E agora cóntanos, que oferta che interesa máis?

🔴🗓️ No 1972, Rosa e Camilo  fundaron Autoservicio Ucha, unha pequena tenda de alimentación en Poio. Hoxe, Camilo non est...
26/09/2024

🔴🗓️ No 1972, Rosa e Camilo fundaron Autoservicio Ucha, unha pequena tenda de alimentación en Poio. Hoxe, Camilo non está e Rosa desfruta da xubilación. Nestos 50 anos cambiaron moitas cousas e non resultou nada doado manterse no sector, pero Javier pai e Javier fillo (como os coñecedes) procuran manter vivo o seu legado. Unha das últimas modificacións das que moitas fúchedes testigos estos días, foi a unión ao grupo Claudio Express co obxetivo de procurar uns prezos máis competitivos e a mellora noutras áreas. Queremos lembrarvos que seguimos sendo nós, con pintura nova pero os de sempre e facendo o que levamos facendo durante todo este tempo. Moitas grazas polo apoio e cariño que amosades, e ogallá que esta etapa sexa beneficiosa para vós tamén. Agardámosvos onde sempre! ❤️

Address

Avda. Andurique, 52, 36163 Poio

36163

Website

Alerts

Be the first to know and let us send you an email when Autoservicio Ucha posts news and promotions. Your email address will not be used for any other purpose, and you can unsubscribe at any time.

  • Want your business to be the top-listed Food & Beverage Service?

Share