Mexillón de Galicia

Mexillón de Galicia Páxina oficial do Consello Regulador da Denominación de Orixe Protexida Mexillón de Galicia

Libia Estévez e o seu equipo de cociña do CEIP A Paz Tintureira de Vigo son os protagonistas da sección “A cociña de Mex...
28/08/2026

Libia Estévez e o seu equipo de cociña do CEIP A Paz Tintureira de Vigo son os protagonistas da sección “A cociña de Mexilllón de Galicia” do noso último boletín informativo. A súa proposta foi “Mexillón de Galicia en cunchas crocantes con fideo espirulina e alga codium”.😋😋😋👌

A podedes ver na páxina 11 desta ligazón:https://mexillondegalicia.org/wp-content/uploads/2026/07/mexillon-54-web.pdf

A beleza incomparable das nosas 🌊🌊rías non só está na superficie. Baixo as súas augas tamén alberga estampas tan fermosa...
26/08/2026

A beleza incomparable das nosas 🌊🌊rías non só está na superficie. Baixo as súas augas tamén alberga estampas tan fermosas como sorprendentes.

Isto é o que non se ve, o universo de vida escondido baixo a lámina de auga das bateas onde se produce o mellor mexillón do mundo, o Mexillón de Galicia🥇🥇🥇.

📷 de Xurxo Lobato.

Fomentar unha alimentación saudable desde a infancia e dar a coñecer entre os máis novos unha marca de calidade como Mex...
21/08/2026

Fomentar unha alimentación saudable desde a infancia e dar a coñecer entre os máis novos unha marca de calidade como Mexillón de Galicia son dous dos obxectivos do proxecto que está a desenvolver a DOP nos comedores de distintos centros escolares de Galicia.

Tedes toda a información na páxina 3 do noso último boletín informativo:�https://mexillondegalicia.org/wp-content/uploads/2026/07/mexillon-54-web.pdf

Queredes saber por que Mexillón de Galicia é un💪 superalimento? Tomade ✍nota. -É baixo en graxas e cun alto contido en p...
10/08/2026

Queredes saber por que Mexillón de Galicia é un💪 superalimento? Tomade ✍nota.

 -É baixo en graxas e cun alto contido en proteínas de elevado valor nutricional.

-100 gramos de carne de Mexillón de Galicia atesouran altas cantidades de Omega 3.

-É fonte natural de vitaminas (B12, riboflavina-B2 e folacina-B9) e de sales minerais (ferro, fósforo, selenio, iodo e zinc).

-Con tan só 100 gramos de vianda, cóbrese o 100% das cantidades diarias recomendadas de vitamina B12 e de selenio.

-É un alimento natural moi recomendable para os👧👦 cativos, xa que o seu elevado contido proteico e de fósforo contribúe ao crecemento e desenvolvemento dos seus ósos. Ademais, o ferro que contén contribúe ao desenvolvemento cognitivo dos pequenos.

Boa semana¡¡

📷 Óscar Vífer e arquivo DOP.

🌍🌱 Bateas de mexillón: natureza, economía e futuro As bateas forman parte do equilibrio das rías galegas desde fai xerac...
03/08/2026

🌍🌱 Bateas de mexillón: natureza, economía e futuro 
As bateas forman parte do equilibrio das rías galegas desde fai xeracións. Hoxe, grazas á investigación científica, sabemos que o seu papel vai moito máis alá da producción de mexillón. 
O proxecto SEBAM pon en valor como esta actividade contribúe a:  
✔️O mantemento de ecosistemas mariños a través da interacción co medio 
✔️A xeración de emprego e actividade económica en zonas costeiras 
✔️O impulso dunha acuicultura orientada cara unha maior sostibilidade ambiental, social e económica 
Tradición e innovación unense para reforzar o futuro das nosas rías.  
🔬 Proxecto impulsado polo Consello Regulador do Mexillón de Galicia coa colaboración da Fundación Biodiversidad do MITECO, a través do Programa Pleamar, e cofinanciado pola Unión Europea mediante o FEMPA. 

 
🌍🌱 Bateas de mejillón: naturaleza, economía y futuro 
Las bateas forman parte del equilibrio de las rías gallegas desde hace generaciones. Hoy, gracias a la investigación científica, sabemos que su papel va mucho más allá de la producción de mejillón. 
El proyecto SEBAM pone en valor cómo esta actividad contribuye a: 
✔️ El mantenimiento de ecosistemas marinos a través de la interacción con el medio 
✔️ La generación de empleo y actividad económica en zonas costeras 
✔️ El impulso de una acuicultura orientada hacia una mayor sostenibilidad ambiental, social y económica. 
Tradición e innovación se unen para reforzar el futuro de nuestras rías. 
🔬 Proyecto impulsado por el Consello Regulador do Mexillón de Galicia, con la colaboración de la Fundación Biodiversidad del MITECO, a través del Programa Pleamar, y cofinanciado por la Unión Europea mediante el FEMPA. 
EconomíaAzul AcuiculturaSostible

24/07/2026

O programa OPTIMA, dedicado ás boas prácticas na acuicultura de moluscos, finalizou tras dous anos de traballos no que participaron España, Francia, Italia, Irlanda e Grecia. No caso de España, foi o Consello Regulador de Mexillón de Galicia a entidade encargada de explicar a acuicultura de bivalvos.

De todo ese traballo xurdiu un vídeo internacional que ofrece unha perspectiva europea integral do sector e outro de ámbito nacional con Mexillón de Galicia como protagonista que podedes ver aquí.

Fomentar unha alimentación saudable desde a infancia e dar a coñecer entre os máis 👦👧👩‍🏫👨‍🏫novos unha marca de calidade ...
20/07/2026

Fomentar unha alimentación saudable desde a infancia e dar a coñecer entre os máis 👦👧👩‍🏫👨‍🏫novos unha marca de calidade como Mexillón de Galicia son dous dos obxectivos do proxecto que está a desenvolver a DOP nos comedores de distintos centros escolares de Galicia.

No noso último boletín tamén explicamos as oportunidades que se abren ante a DOP no contexto do marco financeiro 2028-2034 presentado pola Comisión Europea, así como as accións realizadas no ámbito da promoción.

Máis información na seguinte ligazón:�https://mexillondegalicia.org/wp-content/uploads/2026/07/mexillon-54-web.pdf

O sistema de cultivo tradicional de mexillón en Galicia é a batea, un deseño autóctono que foi evolucionando e que é o d...
17/07/2026

O sistema de cultivo tradicional de mexillón en Galicia é a batea, un deseño autóctono que foi evolucionando e que é o de mellor rendemento dos coñecidos. De feito, logrou converter a Galicia no líder☝️💪 europeo de produción.

A batea é un viveiro flotante constituído por un entramado de madeira de eucalipto, de forma máis ou menos rectangular, sobre o que se atan as cordas de mexillón e mantense suspendida mediante un sistema de flotadores.

Boa fin de semana.
 
📷📷arquivo DOP.

O Mexillón de Galicia é un alimento🥇☝️ único e de calidade recoñecida grazas á riqueza das 🌊🌊augas onde se cultiva e ao ...
13/07/2026

O Mexillón de Galicia é un alimento🥇☝️ único e de calidade recoñecida grazas á riqueza das 🌊🌊augas onde se cultiva e ao saber facer das persoas que o cultivan.

O indicativo europeo de calidade vinculada á orixe Denominación de Orixe Protexida (DOP), regula a exclusividade de certos produtos agroalimentarios que deben cumprir coas seguintes condicións específicas:🧐🧐

-Ser orixinarios dun lugar determinado.

-A súa calidade ou características débense fundamental ou exclusivamente a este medio xeográfico particular, con factores naturais e humanos.

-A produción, transformación e elaboración realízanse na zona xeográfica determinada.
Por elo, só o selo da DOP certifica a orixe e a calidade superior do mexillón que foi producido, transformado e elaborado en Galicia.

🌊📊 A miticultura tamén é coñecemento O cultivo de mexillón en bateas non só produce alimento: tamén xera información cla...
03/07/2026

🌊📊 A miticultura tamén é coñecemento
 
O cultivo de mexillón en bateas non só produce alimento: tamén xera información clave para entender o funcionamento dos ecosistemas mariños.
 
No marco do proxecto SEBAM, seguimos avanzando na recopilación e análise de datos que permitirán construir o futuro Atlas dixital dos servizos ecosistémicos das bateas.
 
Grazas a este traballo poderemos coñecer mellor:
✔️O papel das bateas na dinámica de calidade da auga
✔️A súa contribución como soporte de biodiversidade mariña asociada
✔️A súa relación con procesos ecolóxicos e o ciclo de carbono
✔️O seu impacto nas comunidades costeiras desde o punto de vista socioeconómico
 
Un coñecemento que se transforma en ferramenta para a xestión sostible do medio mariño.
 
🔬 Proxecto impulsado polo Consello Regulador do Mexillón de Galicia coa colaboración da Fundación Biodiversidad do MITECO, a través do Programa Pleamar, e cofinanciado pola Unión Europea mediante o FEMPA.

🌊📊 La miticultura también es conocimiento
 
El cultivo de mejillón en bateas no solo produce alimento: también genera información clave para entender el funcionamiento de los ecosistemas marinos.
 
En el marco del proyecto SEBAM, seguimos avanzando en la recopilación y análisis de datos que permitirán construir el futuro Atlas digital de los servicios ecosistémicos de las bateas.
 
Gracias a este trabajo podremos conocer mejor:
✔️ El papel de las bateas en la dinámica de la calidad del agua
✔️ Su contribución como soporte de biodiversidad marina asociada
✔️ Su relación con procesos ecológicos y el ciclo de carbono
✔️ Su impacto en las comunidades costeras desde el punto de vista socioeconómico
 
Un conocimiento que se transforma en herramienta para la gestión sostenible del medio marino.
 
🔬 Proyecto impulsado por el Consello Regulador do Mexillón de Galicia, con la colaboración de la Fundación Biodiversidad del MITECO, a través del Programa Pleamar, y cofinanciado por la Unión Europea mediante el FEMPA.
 
EconomíaAzul AcuiculturaSostible

Dirección

Villagarcía De Arosa

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Mexillón de Galicia publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Mexillón de Galicia:

Atajos

Compartir