03/05/2026
Temos algo importante que anunciar!
Estamos dentro da famila de Artesania Alimentaria de Galicia.
A artesanía alimentaria é unha actividade de elaboración, manipulación e transformación de alimentos caracterizada pola suxeición a determinadas condicións durante todo o proceso que garanten ás persoas consumidoras un produto final individualizado, seguro desde o punto de vista hixiénico-sanitario, de calidade e con características diferenciais, obtido grazas ás pequenas producións controladas pola intervención persoal da artesá ou o artesán
Esa é a definición oficial, á que nos cinguimos e grazas á cal obtemos esta certificación. Pero para nós a artesanía alimentaria é algo máis. Ten un pé na técnica e no coidado dos procesos de elaboración, pero o outro na cultura, nas elaboracións que chegaron ata nós e que en La Empanada Viajera exploramos para coñecelas e, así, coñecer aínda mellor o que facemos. Unha empanada é un alimento, é o froito dun traballo artesanal, pero é tamén o resultado do coñecemento do pasado, algo que nos permite innovar sen perder de vista as liñas maestras, actualizar respectando o básico e achegar o noso traballo á pervivencia dun dos produtos máis icónicos e máis diversos da nosa cultura gastronómica.
Por iso, ser parte de Artesanía de Galicia é para nós moito máis que un logotipo ou que un recoñecemento. É un paso máis no noso esforzo por facer empanadas contemporáneas que non perden de vista de onde veñen.