ARTESA.CÍA
creación escénica contemporánea.
É unha compañía escénica que nace entre Galicia e New York. Os seus compoñentes, Roi Fernández (director) e Laura Villaverde (actriz), formados artísticamente a ámbas beiras do Atlántico, determinan introducir nunha ARTESA (ese espazo onde os alimentos collen un certo regusto) os seus interrogantes sobre a tradición, a identidade, a sociedade ou o ind
ividuo. E para macerar estas cuestións trascendentais, ArtesaCía espalla a súa levadura escénica, forxa chaves que non abren portas, senón provocan preguntas. Nunca as pezas que saen da artesa-cía (mesturadas co Cinema en Directo, tecnoloxía multimedia, método Viewpoints ou cantigas tradicionais), son pezas consumibles, tranquilas, cómodas. Na turbación agóchase o cambio.Extramuros é unha iniciativa artística e cultural, composta por profesionais nas artes escénicas e audiovisuais co fin de crear oportunidades de formación, investigación, creación e colaboracións abertas e accesibles a toda a comunidade artística e interesados na arte.
1.EXTRAMUROS [Centro de Colisións Artísticas] é o espazo de traballo e creación da compañía teatral ArtesaCía e a productora multimedia SrPause Cinescapismo.
2.EXTRAMUROS [Centro de Colisións Artísticas] é un espazo adicado á expansión de pedagoxías artísticas: ciclos de obradoiros (Primavera / Verán / Outono/ Inverno), clases maxistrais, eventos extraordinarios ("Fora de portas"). Para tóda-las idades e niveis.
3.EXTRAMUROS [Centro de Colisións Artísticas] é un lugar de encontro e intercambio entre os profesionais e estudantes das artes performativas.
3.EXTRAMUROS [Centro de Colisións Artísticas] son a actriz Laura Villaverde e o artista e cineasta Roi Fernández.