Festa do Viño de Barro

Festa do Viño de Barro Páxina de facebook da Festa do Viño de Barro (Pontevedra)

⏳ O venres temos unha cita no Pazo da Crega!Lembrade que este venres 19 vivimos a inauguración da XLVII Festa do Viño de...
17/06/2026

⏳ O venres temos unha cita no Pazo da Crega!

Lembrade que este venres 19 vivimos a inauguración da XLVII Festa do Viño de Barro. Abriremos a xornada co pregón de Celso García Alonso e, xusto despois, darase paso ao XIX Certame Rías Baixas para comezar a g***r dos mellores caldos da nosa terra. 🍷🏺

Unha cita imprescindible para toda a veciñanza. Agardámosvos!

🗓️ Venres 19 de xuño

🕘 21:00 h

📃 O vindeiro xoves 18 de xuño arranca a nosa semana grande coa celebración da Festa do viño de Barro, unha das citas mái...
17/06/2026

📃 O vindeiro xoves 18 de xuño arranca a nosa semana grande coa celebración da Festa do viño de Barro, unha das citas máis sinaladas e agardadas do noso calendario.

Presentouse oficialmente unha ampla programación pensada para todos os públicos, onde a cultura, a gastronomía, o deporte e a música serán os grandes fíos condutores de catro días de intensa actividade.

A edición deste ano destaca, moi especialmente, polo forte protagonismo do noso tecido asociativo e artístico. Unha festa feita por e para Barro, na que a colaboración dos colectivos locais e a implicación directa da nosa veciñanza son o verdadeiro motor e corazón das celebracións.

Ademais, as catro xornadas volverán ser o mellor escaparate para poñer en valor a calidade dos viños da nosa terra, tanto os amparados baixo a D.O. Rías Baixas como os viños caseiros da zona, con epicentro no Pazo da Crega.

Desde o Concello de Barro convidamos a toda a veciñanza e aos visitantes a achegarse ao longo destes días para compartir e desfrutar do orgullo da nosa tradición vitícola, da música, da comida e da nosa hospitalidade.

ℹ️ Podes consultar toda a programación detallada e os horarios na web www.barro.gal

🍽️A partir de mañá xa se poden retirar no concello os tíckets do xantar popular da Festa do Viño. Non quedes sen a túa e...
04/06/2026

🍽️A partir de mañá xa se poden retirar no concello os tíckets do xantar popular da Festa do Viño. Non quedes sen a túa entrada!

🍷🎶 PECHE DE OURO PARA A XLVII FESTA DO VIÑO DE BARRO!O domingo 21 de xuño poñeremos o broche de ouro á nosa festa máis q...
04/06/2026

🍷🎶 PECHE DE OURO PARA A XLVII FESTA DO VIÑO DE BARRO!

O domingo 21 de xuño poñeremos o broche de ouro á nosa festa máis querida cun espectáculo que promete facernos vibrar: "Grandes Mulleres, Grandes Cancións".

🎤 Será un concerto moi especial no que ao talento da Banda de Música Xuvenil de Barro unirase sobre o escenario a impresionante voz de Fátima Pego.

Ademais, a tarde estará chea de ritmo e sorpresas coa enerxía de Xurxo Souto como presentador e a colaboración especial de Felipe Rea e Borja Becerra

🚗🏍️ Xuntanza de motos e coches clásicos na XLVII Festa do Viño de BarroO domingo da Festa do Viño a partir das 11:00 h, ...
04/06/2026

🚗🏍️ Xuntanza de motos e coches clásicos na XLVII Festa do Viño de Barro

O domingo da Festa do Viño a partir das 11:00 h, Barro converterase no punto de encontro obrigado para amantes do motor e do coleccionismo.

No marco da programación da XLVII Festa do Viño, organizamos unha Xuntanza de Coches e Motos Clásicas aberta á participación tanto de automóbiles históricos coma de motocicletas.

O público asistente terá a oportunidade de admirar de preto verdadeiras xoias sobre rodas, deseños icónicos doutras épocas e vehículos coidados con esmero que forman parte da nosa historia automobilística. Unha proposta máis dunha programación da festa do Viño pensada para todos os públicos.

ℹ️ Información importante para participantes:

🟢 A inscrición para participar no evento é totalmente gratuíta. O rexistro é de carácter obrigatorio co obxectivo de asegurar unha correcta loxística e distribución dos vehículos no espazo habilitado.

✍🏻 Para reservar a túa praza, é preciso contactar coa organización no teléfono 680 502 154 ou cubrir o formulario de inscrición 👇🏻

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSc-oN1ITq0W33wMudX-b1ARx3lMOZKm0CxjGKtGz61kvbh5RQ/viewform?usp=preview

🍷 Quen ten o mellor viño da casa deste ano?Xa está aquí o concurso que máis nos gusta, o que premia o cariño e o esforzo...
27/05/2026

🍷 Quen ten o mellor viño da casa deste ano?

Xa está aquí o concurso que máis nos gusta, o que premia o cariño e o esforzo que poñedes nas vosas viñas durante todo o ano. Porque unha Festa do Viño sen o viño caseiro da nosa xente, non é festa! 🎉

🎉 Xa temos orquestras para a XLVII Festa do Viño de Barro, cun cartel pensado para o desfrute de toda a veciñanza e de t...
15/05/2026

🎉 Xa temos orquestras para a XLVII Festa do Viño de Barro, cun cartel pensado para o desfrute de toda a veciñanza e de todas as persoas que nos visiten.

✨ Venres 19 de xuño:
🎺 La Mecánica
🎤 Panorama City

✨ Sábado 20 de xuño:
🎶 Marbella
🎵 América de Vigo

📜 Pouco a pouco iremos debullando máis cousiñas do programa. Estade atent@s!

Barro contará con Celso García Alonso como pregonero de la Festa do Viño
10/05/2026

Barro contará con Celso García Alonso como pregonero de la Festa do Viño

El Gobierno local quiere seguir contando con vecinos de la comarca que sean un referente por su activo papel social. El Concello abrirá el plazo para inscrib...

La mejor alternativa a la playa a media hora de Vigo: "Un lugar ideal para darte un chapuzón en verano"
11/09/2025

La mejor alternativa a la playa a media hora de Vigo: "Un lugar ideal para darte un chapuzón en verano"

Las Rías Baixas cuentan con muchas opciones para sobrevivir al calor veraniego y disfrutar de la naturaleza Puede interesarte: La ruta entre naturaleza, agua y ermitas a 15 minutos de Vigo: ideal para un día de verano distinto

Dirección

Rúa Do Pazo
Barro
36194

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Festa do Viño de Barro publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir