Daquidarredor

Cómo llegar

Daquidarredor Somos un proxecto colaborativo de alimentos feitos en casas labregas. Facemos comunidade a través de relacións de confianza 🌿💛

💛 Compartimos saberes, 🥕 recobramos sabores.

🧑‍🌾 Daquidarredor é un proxecto colaborativo de alimentación en Galicia. Cultivamos, elaboramos e distribuímos produtos de casas labregas, en comunidade e nun mesmo territorio, sen intermediarios.

🙌 A confianza é o noso piar fundamental. Queremos coidar o que nos alimenta, o noso territorio e as relacións entre persoas. Pódesnos atopar no concello de Brión, cerca de Santiago de Compostela.

🌱As pequenas hortas familiares que aínda existen en   convertéronse, sen querelo, en pequenos museos naturais que gardan...
08/10/2026

🌱As pequenas hortas familiares que aínda existen en convertéronse, sen querelo, en pequenos museos naturais que gardan sementes diversas, sabores de centos de anos e saberes milenarios relacionados coa agricultura e a alimentación.

🥗 O que hoxe chega aos mercados locais e de proximidade é o froito dun pacto colaborativo silencioso no que participaron xeracións e xeracións de casas labregas. Grazas a el, hoxe chégannos froitos que se adaptaron ao clima local, alimentos con sabores son selo "da casa" e información que non está escrita nos libros.

🧡 Apoiar ás casas labregas a través de iniciativas e mercados locais fai posible a conservación destes tesouros rurais e garanten unha alimentación diversa e de proximidade.

Podes aprender moito máis acudindo á exposición "O Pequeno é Grande" da en da que colaboramos.

Tamén podes atoparnos en 👇

📍 Mercado de Horta e Artesanía de Bertamiráns.
📅 Sábados de 10:00 a 13:30.
🌐 www.daquidarredor.gal

Elaboramos no obradoiro público do Concello de Brión inegrado na rede de Espazos de Coworking do Plan Emprego Local - PEL Deputación da Coruña e co apoio da Fundación Daniel e Nina Carasso.

Aproveitar os sabores do verán a través dos saberes. As marmeladas de Da Nosa Terra son un exemplo de como aproveitar aq...
06/10/2026

Aproveitar os sabores do verán a través dos saberes.

As marmeladas de Da Nosa Terra son un exemplo de como aproveitar aqueles froitos que non foron consumidos no verán. Unha auténtica delicia que agora conta con selo de .

Podes atopalas no 👇

📍 Mercado de Horta e Artesanía de Bertamiráns.
📅 Sábados de 10:00 a 13:30.
🌐 www.daquidarredor.gal

Elaboramos no obradoiro público do Concello de Brión inegrado na rede de Espazos de Coworking do Plan Emprego Local - PEL Deputación da Coruña e co apoio da Fundación Daniel y Nina Carasso.

🎓 Desde Daquídarredor participamos neste seminario sobre acción comunitaria e participación social, un espazo pensado pa...
05/10/2026

🎓 Desde Daquídarredor participamos neste seminario sobre acción comunitaria e participación social, un espazo pensado para coñecer iniciativas, compartir aprendizaxes e poñer en común diferentes formas de construír comunidade.

Durante as xornadas afondaremos especialmente nas realidades sociais e participativas do Concello de Ames e Concello de Vedra , pero tamén coñeceremos iniciativas doutros puntos de Galicia, como Vigo, Santiago de Compostela e as provincias de Lugo e Ourense, da man dalgunhas das súas protagonistas.

A formación será integramente presencial e gratuíta, baseada no diálogo, o intercambio de experiencias e a construción colectiva de coñecementos.

📍 Santiago de Compostela, Vedra e Ames
🚌 Transporte dispoñible para as persoas participantes
🎓 Certificado de participación de 12 horas para quen asista a todas as xornadas
⚠️ Prazas limitadas e inscrición previa obrigatoria.

Impulsado pola Universidade de Santiago de Compostela, SEPA, CEESG e os concellos de Vedra e Ames.

Os nosos sabores e saberes chegan a lugares máis alá do Atlántico. Moitas grazas por esta visita tan internacional! 😊
02/10/2026

Os nosos sabores e saberes chegan a lugares máis alá do Atlántico. Moitas grazas por esta visita tan internacional! 😊

✨ Hoxe o alumnado de Harvard está en Brión para coñecer de primera man o centro de transformación alimentaria Transformando en Brión, tras a visita realizada onte en Baroña, dous espazos integrantes da Rede Provincial de Coworking.

📊 O equipo continúa o seu traballo de campo para analizar a viabilidade financeira, a transición ecolóxica e o impacto social destas infraestruturas no noso rural.

Daquidarredor

👎 Cada tempada, moitos excedentes das hortas das casas labregas de Galicia pérdense por mor da falta dunha infraestrutur...
01/10/2026

👎 Cada tempada, moitos excedentes das hortas das casas labregas de Galicia pérdense por mor da falta dunha infraestrutura que axude a procesalos e poñelos nos mercados de proximidade.

✅ Por iso, é moi importante que as institucións coñezan espazos colaborativos como Transformando en Brión, onde asociacións de labregos e labregas, como a nosa, poidan elaborar os sobrantes das súas hortas xerando un valor económico local.

Grazas a El Correo Gallego por a nova e á conselleira de Medio Rural da Xunta de Galicia pola visita.

📍 Mercado de Horta e Artesanía de Bertamiráns.
📅 Sábados de 10:00 a 13:30.
🌐 www.daquidarredor.gal

Elaboramos no obradoiro público do Concello de Brión integrado na rede de Espazos de Coworking do Plan Emprego Local - PEL Deputación da Coruña e co apoio da Fundación Daniel y Nina Carasso.

As mazás de Loli, as uvas de Carme, os cogomelos de Pablo... Unha das vantaxes de acceder aos alimentos de proximidade é...
25/09/2026

As mazás de Loli, as uvas de Carme, os cogomelos de Pablo...

Unha das vantaxes de acceder aos alimentos de proximidade é coñecer ao labrego ou labrega que está detrás dos mesmos. Un xeito de relacionarnos cos alimentos e entre nós mesmas como comunidade, que reforza a conexión entre o que comemos e o territorio que habitamos.

Podes atoparnos en 👇

📍 Mercado de Horta e Artesanía de Bertamiráns.
📅 Sábados de 10:00 a 13:30.
🌐 www.daquidarredor.gal

Elaboramos no obradoiro público do inegrado na rede de Espazos de Coworking da e co apoio da .

Aínda que non o pareza... Hoxe comeza o outono! 🍂Dámoslle a benvida a moitos sabores que nos levan ao lar, ao recollemen...
23/09/2026

Aínda que non o pareza... Hoxe comeza o outono! 🍂

Dámoslle a benvida a moitos sabores que nos levan ao lar, ao recollemento e ás conversas nas casas á noitiña: castaña, cabaza, uva...

👀 Pero... Onde van os sabores de verán? Son transformados en deliciosas conservas que vos iremos ensinando pouco a pouco e que tamén podedes coñecer nos mercados aos que asistimos.

Podes atoparnos en 👇

📍 Mercado de Horta e Artesanía de Bertamiráns.
📅 Sábados de 10:00 a 13:30.
🌐 www.daquidarredor.gal

Elaboramos no obradoiro público do Concello de Brión inegrado na rede de Espazos de Coworking da Deputación da Coruña e co apoio da
Fundación Daniel y Nina Carasso

🤗 Ao abeiro do  , a rapazada do CEIP Pedrouzos do Concello de Brión  visitounos durante varios días desta semana para co...
18/09/2026

🤗 Ao abeiro do , a rapazada do CEIP Pedrouzos do Concello de Brión visitounos durante varios días desta semana para coñecer de primeira man como funciona o obradoiro colaborativo.

🧃 Neste encontro aprenderon e practicaron a maxia da transformación dos alimentos. Así, puideron achegarse ás diferentes variedades de froita de tempada e elaborar deliciosos zumes de pexegos, de uva mencía e catalana, de pera e de mazá vacuriña (porque tamén é importante coñecer as variedades locais).

🧡 Queremos agradecer a colaboración e o interese do equipo docente e directivo á hora de levar a cabo esta actividade tan chula e enriquecedora para a cativada. Por suposto, tamén invitamos ás familias que así o desexen a visitar o espazo e achegarse a un estilo de alimentación máis saudable e local.

Tamén podedes atoparnos nas feiras! 👇

🔹 Todos os sábados pola mañá na Feira de Horta e Artesanía de Bertamiráns.
🔹 Este domingo 20 de setembro na Feira Labrega na Carballeira de Santa Minia en Brión (de 10:00 a 20:00)

🌐 www.daquidarredor.gal

Elaboramos no obradoiro público do Concello de Brión integrado na rede de Espazos de Coworking da Deputación da Coruña e co apoio da Fundación Daniel e Nina Carasso.

Dirección

Cociña Colaborativa. Centro Comercial Monte Balado. Cruce, Avenida Dos Ánxeles, S/n
Brion
15280

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Daquidarredor publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir