TENDA DA LONXA

TENDA DA LONXA Venta ó público de mariscos bivalvos e merluza de volanta de Cedeira

⏰ TIC, TAC, TIC, TAC… XA NON QUEDA NADA! ⏰🧵⚓ O Curso de Redeiras está a piques de comezar e QUEDAN MOI POUCAS PRAZAS!📅 C...
27/08/2026

⏰ TIC, TAC, TIC, TAC… XA NON QUEDA NADA! ⏰

🧵⚓ O Curso de Redeiras está a piques de comezar e QUEDAN MOI POUCAS PRAZAS!

📅 Comezamos o 1 de setembro
📍 Sede da Confraría de Pescadores de Cedeira

Se aínda o estabas pensando, este é o momento! 🙌

👉 Aproveita a oportunidade e reserva a túa praza antes de que se esgoten!

📆 O curso impartirase do 1 de setembro ao 26 de outubro de 2026.

📢 ÚLTIMAS PRAZAS!Aínda estades a tempo de apuntarvos ao Curso de Redeiras, que se impartirá na sede da Confraría de Pesc...
20/08/2026

📢 ÚLTIMAS PRAZAS!

Aínda estades a tempo de apuntarvos ao Curso de Redeiras, que se impartirá na sede da Confraría de Pescadores de Cedeira.

📅 Do 1 de setembro ao 26 de outubro de 2026

🧵⚓ Unha oportunidade para aprender un oficio tradicional vencellado ao noso mar e manter vivo o saber das redeiras.

Non deixedes pasar esta oportunidade! Inscribídevos antes de que se esgoten as prazas.

O pasado venres celebramos a presentación do novo proxecto de formación para a diversificación profesional das mulleres ...
11/08/2026

O pasado venres celebramos a presentación do novo proxecto de formación para a diversificación profesional das mulleres do mar, unha iniciativa financiada a través do GALP A Mariña-Ortegal que aposta pola formación, a sostibilidade e a preservación dos oficios mariñeiros.
Durante a xornada tivemos a oportunidade de compartir coas asistentes un proxecto que busca ofrecer novas oportunidades profesionais durante os períodos de rexeneración dos bancos marisqueiros.
O programa inclúe un curso de mantemento e reparación de artes de pesca (300h), unha formación que permitirá adquirir novas competencias nun oficio esencial ao tempo que contribúe a conservar un valioso patrimonio artesanal.
Ademais, ao longo dos próximos meses desenvolveremos unha campaña de sensibilización para achegar a importancia do coidado do medio mariño, da rexeneración dos areais e do papel fundamental que desempeñan as mariscadoras e as redeiras na conservación da nosa cultura mariñeira.
Queremos agradecer a asistencia e o apoio de todas as persoas, entidades e institucións que nos acompañaron nesta primeira xornada.

🌊 Anímate a descubrir "Tecendo Futuro"! ⚓A Confraría de Pescadores de Cedeira presenta un proxecto que aposta polo futur...
04/08/2026

🌊 Anímate a descubrir "Tecendo Futuro"! ⚓
A Confraría de Pescadores de Cedeira presenta un proxecto que aposta polo futuro do sector pesqueiro e pola conservación dos nosos oficios.
Nesta xornada coñecerás tamén o Curso de Reparación e Mantemento de Artes de Pesca, unha oportunidade para formarte nun oficio con tradición e futuro.
📅 Venres, 7 de agosto
🕚 11:00 h
📍 Confraría de Pescadores de Cedeira
E, ao remate, desfruta dunha degustación de produto mariñeiro.
💙 Agardámoste!

A Confraría de Pescadores de Cedeira pon en marcha "Tecendo Futuro", unha iniciativa que aposta pola profesionalización ...
31/07/2026

A Confraría de Pescadores de Cedeira pon en marcha "Tecendo Futuro", unha iniciativa que aposta pola profesionalización do sector pesqueiro e pola rexeneración do mar de Cedeira.
Convidámosvos á presentación oficial do proxecto, onde tamén celebraremos unha degustación de produto mariñeiro, un encontro para coñecer de primeira man esta iniciativa e compartir un momento arredor dos produtos do noso mar.
📅 Venres, 7 de agosto
🕚 11:00 horas
📍 Confraría de Pescadores de Cedeira
Ademais, durante a presentación daremos a coñecer o Curso de Reparación e Mantemento de Artes de Pesca, unha formación de 300 horas, impartida pola Federación Galega de Redeiras Artesás O Peirao, dirixida a todas aquelas persoas interesadas en aprender un oficio con gran tradición e futuro no sector marítimo-pesqueiro.
Agardámosvos para coñecer un proxecto que busca preservar os nosos oficios, crear novas oportunidades laborais e contribuír ao futuro do noso mar

31/07/2026
Comeza a conta atrás‼️‼️ Xa non queda nada ‼️‼️ Os próximos 1 e 2 de agosto  a partir das 12:00 ʜᴏʀᴀꜱ celebramos a XXIII...
29/07/2026

Comeza a conta atrás‼️‼️ Xa non queda nada ‼️‼️
Os próximos 1 e 2 de agosto a partir das 12:00 ʜᴏʀᴀꜱ celebramos a XXIII Festa do Percebe de Cedeira na carpa instalada na explanada do Porto Pesqueiro de Cedeira, na cal poderedes degustar os nosos produtos! Animádevos a asistir!! 👇
👉Axudádesnos compartindo? 🫶

09/07/2026

ematamos unha etapa de formación centrada na capacitación profesional, a seguridade no mar e o fortalecemento do sector pesqueiro na contorna.
Ao longo destas dúas anualidades desenvolvéronse diferentes accións formativas que permitiron mellorar as competencias das persoas participantes, favorecer a incorporación de novos perfís e contribuír a un sector máis preparado e sostible.
A formación continúa a ser unha ferramenta clave para garantir o relevo xeracional, mellorar a empregabilidade e reforzar a seguridade do traballo no mar ⚓
Este programa foi financiado polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura e a Consellería do Mar, a través do GALP A Mariña - Ortegal, facendo posible o desenvolvemento destas accións no territorio.
💬 Seguimos traballando para impulsar novas oportunidades de formación
🔜Pronto novidades formativas! V

O programa de accións formativas desenvolvido pola Confraría de Pescadores de Cedeira forma parte dunha estratexia orien...
22/06/2026

O programa de accións formativas desenvolvido pola Confraría de Pescadores de Cedeira forma parte dunha estratexia orientada a reforzar a capacitación profesional, a seguridade no mar e o futuro do sector pesqueiro na contorna.
Estas accións foron posibles grazas ao financiamento do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) e da Consellería do Mar, a través do GALP A Mariña - Ortegal, no marco das estratexias de desenvolvemento local participativo.
Un apoio que permite impulsar a formación, mellorar a empregabilidade e contribuír ao desenvolvemento sostible do sector marítimo-pesqueiro 🌊

Dirección

Muelle
Cedeira
15350

Horario de Apertura

Martes 10:00 - 14:00
Miércoles 10:00 - 14:00
Jueves 10:00 - 14:00
Viernes 10:00 - 14:00
Sábado 10:00 - 14:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando TENDA DA LONXA publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a TENDA DA LONXA:

Atajos

Compartir