Pandejuevo

Pandejuevo Un obrador onde poder elaborar os nosos productos de xeito artesanal, con ingredientes de calidade, coidando a súa orixe e o traballándoos con agarimo.

Xa cheira a Pascua! E con ela volve un dos vosos doces favoritos: o noso Roscón.Como cada ano, forneamos unha cantidade ...
27/03/2026

Xa cheira a Pascua! E con ela volve un dos vosos doces favoritos: o noso Roscón.

Como cada ano, forneamos unha cantidade moi limitada para garantir a máxima calidade e ese sabor de sempre que tanto vos gusta.

Reserva xa o teu e endulza as festas! Non quedes sen el!

Encargar o teu roscón é moi doado! Podes mandarnos unha mensaxe directa por aquí, escribirnos un WhatsApp, chamarnos por teléfono ou vir vernos directamente á tenda. Ti elixes!

Os nosos Ovos de Chocolate xa están aquí! Como todos os nosos produtos de tempada, son unidades moi limitadas e xa están...
24/03/2026

Os nosos Ovos de Chocolate xa están aquí!

Como todos os nosos produtos de tempada, son unidades moi limitadas e xa están empezando a saír... se non queres quedar sen o teu, bule!

Este ano temos novidades que fan unha gran variedade:

🥚 O noso novo Ovo Pequeno, ideal para un pequeno capricho ou detalliño.
🥚 Os nosos clásicos Medianos (250 g) e Xigantes (500 g), que este ano podes elixir con recheo sorpresa ou sen recheo. Ti decides!

Todos feitos a man, un a un, e empaquetados con todo o mimo do noso equipo.

Que levan dentro os Sorpresa? Unha bolsa de chuches variadas e un ou dous xoguetes, dependendo do tamaño do ovo, dos xoguetes e da sorte

A variedade de cores, peluches e tamaños é tan grande que estamos completamente seguros de que non hai dous exactamente iguais (dentro dos medianos e xigantes). E se ti os encontras... regalámosche un! Sexa cal sexa! 😏

Bule e consigue o teu desde 12,50!

07/01/2026

Din que para facer o mellor Roscón de Reis artesán fai falta unha gran receita. E si, en Pandejuevo usamos só a mellor: manteiga de verdade, auga de azahar pura, cítricos relados a man e todo o tempo e agarimo que sexa necesario.

Pero este ano, o ingrediente secreto foi outro.
Foi un equipo incrible rozando os límites da capacidade humana e do obradoiro.

Grazas, EQUIPAZO. Porque sabemos que traballar nestas datas, onde a conciliación familiar e o descanso parecen unha utopía, é un esforzo enorme. Puxestes toda a alma en cada amasado.

Por 5º ano consecutivo batemos o noso récord, chegamos ao tope, literalmente non cabía un Roscón máis!

GRAZAS A VÓS, A todas e todos que confiastes en nós para a vosa mesa e pola comprensión aos que non chegastes a tempo. Pero sobre todo, grazas infinitas a todas as persoas que pasastes polo obradoiro ou nos escribistes con feedbacks incribles e cheos de cariño.

FELIZ ANINOVO! (Si, liches ben)
Para nós, onte foi o último día do ano e hoxe comeza o noso 2026. E para celebralo... anunciamos oficialmente que os encargos para a campaña de Reis 2027 xa están abertos!

Pero non tedes que esperar tanto: porque facemos Roscón DURANTE TODO O ANO! Si!! Todo o ano!! Porque as cousas boas non deberían ter data de caducidade.

Vémonos no obradoiro!

Gracias infinitas por estar ahí!

Dirección

Rúa A Coruña, 8
Cee
15270

Horario de Apertura

Miércoles 09:00 - 16:00
Jueves 09:00 - 16:00
Viernes 09:00 - 16:00
Sábado 10:00 - 16:00
Domingo 10:00 - 14:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Pandejuevo publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir