09/07/2026
✔️𝐀 𝐅𝐞𝐬𝐭𝐚 𝐝𝐨 𝐀𝐥𝐛𝐚𝐫𝐢𝐧̃𝐨 𝐞𝐧 𝐌𝐚𝐥𝐥𝐨𝐫𝐜𝐚 𝐜𝐮𝐥𝐦𝐢𝐧𝐚 𝐜𝐮𝐧𝐡𝐚 𝐜𝐚𝐭𝐚 𝐚 𝐜𝐞𝐠𝐚𝐬 𝐞 𝐨 𝐩𝐫𝐢𝐦𝐞𝐢𝐫𝐨 𝐩𝐫𝐞𝐦𝐢𝐨 𝐩𝐚𝐫𝐚 𝐀𝐝𝐞𝐠𝐚𝐬 𝐏𝐚𝐛𝐥𝐨 𝐏𝐚𝐝𝐢́𝐧
📌A Festa do Albariño en Mallorca, celebrada con notable éxito de participación o pasado 16 de xuño, completouse esta semana cunha última iniciativa para achegar os albariños ao público balear e aos milleiros de visitantes internacionais que escollen a illa como destino turístico.
📌Como colofón ás actividades promocionais, este martes 7 de xullo celebrouse en Palma a XXIX Cata do Viño Albariño D.O. Rías Baixas, organizada pola Asociación de Sumilleres de Baleares, xunto con profesionais da Escola de Hostalería das Illes Balears e recoñecidos sumilleres.
📌O fallo do xurado concedeu o
1º premio a Segrel Ámbar, de Adegas Pablo Padín, de Meaño, o 2º a Pedras Loiras de Bodega Lojo, de Cambados, e o 3º a Valmiñor de Adegas Valmiñor.
📌Asimesmo, en 4º lugar quedou Eidosela Selección de Bodegas Eidosela, do Rosal, e en 5º posición Pazo de Rubianes, de Bodegas Arzuaga Navarro.
📌Durante o evento, tamén houbo degustación de pementos da Cooperativa Horsal e vieira de Cambados, que contribuíron a ofrecer "unha experiencia completa arredor da excelencia gastronómica" do Concello de Cambados.
📌Accións promocionais que, para o alcalde de Cambados, Samuel Lago, "son fundamentais para abrir novos mercados e consolidar a presenza dos nosos viños en destinos de enorme proxección internacional,
reforzando o prestixio da Festa do Albariño e da Denominación de Orixe Rías Baixas".