Sen máis

Sen máis Sen máis é a marca dos lácteos ecolóxicos que producimos e comercializamos na cooperativa As Vacas da Ulloa.

Resultado da unión de dúas familias gandeiras da comarca da Ulloa: Granxa A Cernada e Granxa Maruxa

27/02/2026

🌱 Santiago pon o foco na agroalimentación sostible nun novo ECOSOCIAL TALKS na Universidade de Santiago de Compostela

O vindeiro 4 de marzo ás 12:00 horas, a Facultade de Ciencias Económicas e Administración da USC acolle unha nova edición de ECOSOCIAL TALKS, centrada nesta ocasión na agroalimentación sostible e no papel estratéxico do rural galego na economía social.

Contaremos con dúas experiencias cooperativas que están a impulsar novas formas de producir e consumir en Galicia:

👩‍🌾 Ángela Casal, de A Parva (A Coruña)
🌾 Ana Corredoira, de Sen máis (Palas de Rei)

Un espazo para visibilizar alternativas económicas sostibles que fortalecen o rural e xeran valor desde a proximidade.

📍 Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais USC (USC)
🗓 4 de marzo · 12:00 h
🎓 Actividade enmarcada na VII Semana Universitaria da Economía Social

Este espazo realízase grazas á colaboración da Xunta de Galicia , a través da Rede Eusumo - Economía Social de Galicia , da Universidade de Santiago de Compostela e da Cátedra de Economía e Ciberseguridade

Estamos ansiosas porque despois dunha longa espera...as augas de setembro permitirannos g***r dun pouquiño de herba fres...
20/09/2025

Estamos ansiosas porque despois dunha longa espera...as augas de setembro permitirannos g***r dun pouquiño de herba fresca. E isto, é unha nova estupenda. A nosa Lucrecia xa está celebrando!!!

Bo día!!! A nosa web está en mantemento 🤗 Comezanos un novo curso con ganas de cambios e algunha sorpresa...😉 En breves....
10/09/2025

Bo día!!! A nosa web está en mantemento 🤗 Comezanos un novo curso con ganas de cambios e algunha sorpresa...😉 En breves....novidades!
Seguirá habilitada a posibilidade de consultar os nosos puntos de venda e degustación

Estamos rotas, atravesadxs por unha dor inmensa. Esa dor que todxs sentimos nestas últimas xornadas, porque o lume sitúa...
20/08/2025

Estamos rotas, atravesadxs por unha dor inmensa. Esa dor que todxs sentimos nestas últimas xornadas, porque o lume sitúanos no loito...pola perda desa terra, desa natureza que é casa e sustento. Todxs perdemos. Pero esa dor intensifícase e faise insoportable cando pensamos nas vidas que as lapas levaron ...en todo o sufrimento que provocaron alí onde acabaron co medio de vida de moitas familias, coa súa historia e coa súa memoria. É insoportable.
Agora toca atender o urxente. Protexer as comunidades, xs veciñxs e os seus bens. Para poder respirar e seguir. Porque a dureza non remata cando o lume se apague. Esta catástrofe sitúanos nun escenario tremendamente complexo. Os nosos solos, espidos, convertidos en cinza, son agora vulnerables, e coa chegada das choivas e tormentas comeza o seguinte capítulo na destrucción da nosa paisaxe.
O noso corazón, o noso alento está co persoal dedicado á extinción e con todxs esas persoas que levan moitas, longas e duras, xornadas enfrontándose ao lume, para protexer non só o seu, tamén esa paisaxe, esa terra que é de todxs.Tamén dun xeito especial cos e coas gandeiras, cxs apicultorxs, viticultorxs...💔
Todas esas persoas que habitan as nosas aldeas sabían que isto podía pasar ..pero a voracidade e violencia do lume superou calquera previsiòn.
Cando todo pase non podemos permitir que se aparte o foco desta realidade...un rural abandonado institucionalmente, actividades de coidado e sustento, como a gandeiría, que non reciben o apoio e soporte necesario, unha terra descoidada e abandonada pola falta de xestión, e algo moi grave... A negación da evidencia científica, do coñecemento convertido en advertencia dende hai tempo en relación á emerxencia climática é unha neglixencia moi grave.
Poida que moitos lumes non sexan evitables, pero o abandono, a falta de coidado e xestiòn provocan o que agora estamos vendo.
Fotografía de

Sabías que…..O Iogur natural é un magnífico aliado na mellora e mantemento da nosa microbiota intestinal.Nos últimos tem...
13/08/2025

Sabías que…..
O Iogur natural é un magnífico aliado na mellora e mantemento da nosa microbiota intestinal.
Nos últimos tempos fálase moito destas bacterias “amigas” que habitan o noso intestino, posto que non soamente inciden na saúde intestinal, tamén están moi relacionadas co noso sistema inmunitario.
Cando tomamos iogur, estamos consumindo “bacterias vivas” que son moi beneficiosas para o equilibrio do intestino e para a nosa saúde en xeral ;)
Como dato curioso… un estudo publicado por especialistas que recolleron mostras de flora intestinal da 8º muller máis lonxeva da historia da humanidade (que faleceu o pasado ano en Olot) revelaron que a microbiota desta muller era a dunha persoa de pouco máis de 20 anos. Entre os hábitos desta muller estaba o consumo diario de dous iogures!
Se nalgo coinciden especialistas, tanto da área dixestiva como da inmunoloxía, é na importancia da nosa microbiota e na necesidade de establecer e manter bos patróns de alimentación, nos que non pode faltar o iogur!
Elixe iogur natural, sen conservantes, sen aditivos

Actualizamos os puntos de venda na web, tamén engadimos un apartado "puntos de degustación"onde podedes ver os restauran...
31/07/2025

Actualizamos os puntos de venda na web, tamén engadimos un apartado "puntos de degustación"onde podedes ver os restaurantes, cafeterías, hoteis, albergues... que usan os nosos produtos Sen Máis. Link 🔗 na bio

🥛☕ ¡Gaña un lote de produtos Sen Máis! 🧀🌿O almorzo e a merenda son momentos perfectos para g***r dos nosos produtos ecol...
29/06/2025

🥛☕ ¡Gaña un lote de produtos Sen Máis! 🧀🌿

O almorzo e a merenda son momentos perfectos para g***r dos nosos produtos ecolóxicos. 🥛✨ Queremos saber con que acompañas ti o teu leite ou iogur Sen Máis… ¡e ademais podes levar un lote como o da foto! 🎁🐄💚

👉 Como participar?
1️⃣ Saca unha foto do teu almorzo ou merenda con leite Sen Máis. ☕🥐
2️⃣ Sobe a foto a Instagram e etiqueta a .mais. 📸
3️⃣ Dálle "gústame" ❤ a esta publicación.
4️⃣ Comenta mencionando a un amigo ao que tamén lle gustaría participar! 👥

⏳ Tes tempo ata o 20 de xullo ás 23:59 h.
📅 O/a gañador/a anunciarase o 22 de xullo nas historias.

🎁 Premio:
Un lote de produtos ecolóxicos Sen Máis como o da foto:
✨ Leite, iogures, camisola e vaso térmico personalizados!

💬 E ti, con que acompañas o teu Sen Máis?
Esperamos a túa foto! 📸💚

Vai esta imaxe de luns para desexarvos unha boa semana e tamén unha boa e máxica noite de San Xoán! Pero tamén…para cele...
23/06/2025

Vai esta imaxe de luns para desexarvos unha boa semana e tamén unha boa e máxica noite de San Xoán! Pero tamén…para celebrar unha das novas máis especiais deste mes. A nosa compañeira Ana Corredoira forma parte da primeira xeración . Unha iniciativa do Basque Culinary Center e Agrobank que recoñece o traballo e compromiso de 40 talentos menores de 40 anos co sector agroalimentario, a través de proxectos innovadores e profundamente conectados co territorio, o benestar social e a necesidade urxente dun cambio no sector agro.
Tamén agradecidas a por recoller e compartir esta nova!

Dirección

A Cernada
La Cernada
27205

Horario de apertura

Lunes 09:00 - 15:00
Martes 09:00 - 15:00
Miércoles 09:00 - 15:00
Jueves 09:00 - 15:00
Viernes 09:00 - 15:00

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Sen máis publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Empresa

Enviar un mensaje a Sen máis:

Atajos

Compartir

Categoría