11/11/2022
Apenas pasaron unhas horiñas dende que mandamos o noso comunicado de peche da nosa plataforma e xa son moitas as vosas mensaxes de agradecemento.
Como xa os contamos, vémonos obrigados a deter os motores de Xavou! o vindeiro día 13 de novembro.
Desexariamos non ter que contar esta noticia. O escenario que lideran actualmente as grandes plataformas de reparto a domicilio, que en moitos casos operan fóra da lei, impide rendibilizar o noso mercado e consolidarnos cos valores que nos definen e só por iso nos vemos obrigados a tomar esta decisión.
Queremos agradecervos enormemente habernos escollido durante todo este tempo e coma nós, creer que existe unha forma diferente, xusta e responsable de entender o servizo de entrega de alimentos.
Moitas grazas por acompañarnos todo este tempo, desexámosvos o mellor no futuro.