03/09/2026
Atalanta non comeza con Atalanta.
Comeza moito antes. Nun lugar chamado Berres, entre bosques e moi preto do Ulla, onde xeracións de torneiros levan case tres séculos transformando a madeira en obxectos para a vida.
Alí está documentado o noso apelido xa no século XVIII. Alí aprendemos que un oficio non se herda simplemente: cóidase, practícase e, sobre todo, faise avanzar.
Hoxe os tornos son outros. Os obxectos tamén. Pero permanece algo máis difícil de explicar: unha maneira de entender a materia, o territorio e o traballo ben feito.
Non queremos conservar o pasado nunha vitrina. Queremos darlle futuro.
Iso é Atalanta. 🪵 O legado dun oficio centenario que segue xirando.