Pazo de Anzuxao

Pazo de Anzuxao Quesos de Galicia: DO Arzúa-Ulloa. DO Tetilla. Queso de barra. Queso semicurado. Requeixo. Señorío de Anzuxao (curado). Venta directa. www.lacteosanzuxao.com

Fan page de la firma Lácteos Anzuxao SL, una empresa de carácter familiar nacida en el año 1970 y que confía en la tradición como elemento fundamental sobre el que elaborar sus famosos quesos. La fábrica además está situada en un Pazo que constituye uno de los mayores ejemplos de arquitectura civil de la comarca del Deza y es de visita obligada si estás por la comarca. Degustación y venta en nuestra tienda física.

Ultimando os detalles antes de saír do noso pazo cara ás vosas casas. 💄Os nosos Señorío de Anzuxao, elaborados con leite...
03/09/2026

Ultimando os detalles antes de saír do noso pazo cara ás vosas casas. 💄

Os nosos Señorío de Anzuxao, elaborados con leite 100% de vaca e cun sabor intenso pero equilibrado, xa están poñéndose de gala na derradeira fase do seu proceso: o etiquetado a man. 🧀

En Pazo de Anzuxao coidamos todos e cada un dos detalles para que os nosos queixos teñan ese sabor tan característico e esa calidade que fai que queiras volver tomalo día tras día.

19/08/2026

Preguntácheste algunha como se fai a maxia na nosa queixería? 🤹🏻‍♂️🧀
Hoxe levámoste de visita polas nosas instalacións para amosarte como traballamos a nosa callada e cal é o proceso de desorado.

Primeiro, extraemos o soro da cuba con moito mimo e, despois, a callada pasa a unha mesa onde se remexe suavemente para que acade esa textura e humidade perfectas antes de pasar aos moldes.

Mesturamos a tradición de Lalín coa tecnoloxía para que o noso queixo chegue a túa mesa coa cremosidade e a calidade de sempre. 👌🏼

Din que un produto excepcional só pode nacer dunha terra que tamén o sexa. 🧀🏡Na comarca do Deza temos o privilexio de vi...
11/08/2026

Din que un produto excepcional só pode nacer dunha terra que tamén o sexa. 🧀🏡

Na comarca do Deza temos o privilexio de vivir nun ecosistema perfecto; a humidade dos nosos vales, o orballo das mañas e o esforzo inquebrantable dos nosos gandeiros conformar o carácter de Pazo de Anzuxao.

Os nosos queixos non se poderían entender sen este clima frio do interior de Galicia, nin sen as familias que cada día, antes de que saía o sol, coidan das súas vacas para ofrecernos un leite de calidade superior. 🐄

Pero a nosa filosofía non remata en recoller o mellor da nosa terra, senón que busca devolvelo poñendo o nome de Lalín nos padais máis esixentes. ✨

05/08/2026

O paraíso da gastronomía galega existe, e está na nosa casa! 😋

No noso Pazo temos unha tenda aberta ao público e nela non só vas a atopar os nosos queixos recién saídos da cámara, senón que preparamos unha selección incrible para que prepares a táboa perfecta:

🍯 Productos artesanais da nosa contorna.
🧀 Outros grandes queixos galegos con Denominación de Orixe.

Se es dos que valora o produto local e de proximidade, podes facernos uha visita e levaráste un pedaciño da nosa terra para casa. 🏡

29/07/2026

Cada pinga de soro que cae achéganos un pouco máis ao resultado perfecto. 🧀

O desoramento é unha fase imprescindible na que o tempo e o movemento xogan un papel decisivo. A maquinaria traballa de xeito continuo mentres o persoal supervisa a colocación e o desprazamento dos recipientes.

Este manexo milimétrico permite que o queixo manteña a humidade e o peso exactos antes de chegar ás cámaras de maduración. En Pazo de Anzuxao, o control exhaustivo deste proceso é o que otorga aos nosos queixos a súa característica suavidade. ☁️

Hai días nos que o orgullo de ser de aquí síntese dun xeito especial. Hoxe, 25 de xullo, celebramos o que somos; a nosa ...
25/07/2026

Hai días nos que o orgullo de ser de aquí síntese dun xeito especial. Hoxe, 25 de xullo, celebramos o que somos; a nosa cultura, as nosas raíces e esa terra verde que nolo da todo.

En Pazo de Anzuxao levamos dende 1970 traballando para conservar a nosa identidade da mellor maneira que sabemos, a través da nosa gastronomía. Porque elaborar un bo queixo galego co leite dos prados do Deza é, no fondo, unha homenaxe diaria a todos os galegos e galegas que viñeron antes ca nós.

Hoxe a mesa vístese de festa, e nós sentímonos orgullosos de formar parte dela. Feliz Día de Galicia! 🩵🤍

15/07/2026

O paso polas cámaras do noso pazo determina o carácter definitivo de cada peza.

Unha vez moldeados os queixos, o proceso trasládase a un contorno de almacenamento de atmosfera controlada, no que a estabilidade da temperatura e humidade permite unha evolución homoxénea do produto. 🌡️

O tempo de repouso nesta fase é o que asegura a correcta formación da cortiza e o desenvolvemento dos aromas característicos, o que permite unha conservación óptima antes da súa distribución. 🚚

Paciencia e control técnico que aseguran a calidade final.

Fai calor e o corpo pide frescura, pero sen renunciar ao sabor. ☀️O noso Arzúa-Ulloa DOP é o acompañante ideal para as t...
07/07/2026

Fai calor e o corpo pide frescura, pero sen renunciar ao sabor. ☀️

O noso Arzúa-Ulloa DOP é o acompañante ideal para as túas comidas do verán. A súa textura cremosa e o seu sabor suave fano o compañeiro ideal para eses días nos que quenta o sol e só apetece g***r sen pasar horas na cociña.

Basta con cortar uns dados xenerosos e combinalos cuns bos tomates, unhas follas de leituga e un chorro de aceite de oliva. Un equilibrio que aporta un matiz lácteo irresistible. 🥗

Menos complicacións na cociña e moito máis tempo para desfrutar do verán.

-Ulloa

Un sabor que te eleva a outro nivel.Conseguir que un queixo teña o corpo, a textura e a intensidade perfectas non é cous...
25/06/2026

Un sabor que te eleva a outro nivel.

Conseguir que un queixo teña o corpo, a textura e a intensidade perfectas non é cousa de maxia, é cuestión de tempo, paciencia e moito agarimo.

O noso Graso Madurado está pensado para eses momentos nos que buscas deter o tempo e g***r de verdade do auténtico sabor da nosa terra.

O sabor de sempre e ese punto xusto de maduración que case o fai flotar por si só. Un segredo artesanal que se nota en cada anaco.

17/06/2026

En Pazo de Anzuxao traballamos o quilómetro 0 de verdade.

O leite que entra pola nosa porta ven de produtores rexistrados da nosa comarca, sen viaxes longas, sen perder as propiedades e con todo o noso carácter.

Apoiar o produto da nosa terra é a única maneira de conseguir un queixo con autenticidade, identidade e o sabor de sempre.

Dirección

Madriñán, 1
Lalín
36515

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 14:00
16:00 - 20:00
Martes 09:00 - 14:00
16:00 - 20:00
Miércoles 09:00 - 14:00
16:00 - 20:00
Jueves 09:00 - 14:00
16:00 - 20:00
Viernes 09:00 - 14:00
16:00 - 20:00
Sábado 10:00 - 14:00
Domingo 09:00 - 14:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Pazo de Anzuxao publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Pazo de Anzuxao:

Compartir