08/02/2023
A poda da viña
A poda consiste en suprimir mediante cortes, partes da planta para alcanzar as seguintes finalidades:
- Dar a planta unha forma determinada para facilitar as labores de cultivo.
- Que os rendementos das colleitas sexan regulares ano tras ano, sen altibaixos, evitando a vecería.
- Regularizar a frutcificación, facendo que os acios aumenten de tamaño e maduren ben.
- Dentronda forma dada á cepa, acomodar as súas dimensións, e colocala nas mellores condicións de insolación e aireamento, favorecendo a fotosíntese e evitando accidentes e enfermidades.
- Atender un bo goberno da sava e a súa prudente distribución.
- Disminuir a perda de potencial vexetativo. A poda asegura unha maior duración da vide e da viña, retrasando o seu envellecemento.
Epocas de poda
A poda distínguese en poda en seco e poda en verde.
A poda en seco
Efectúase normalmente durante toda a fase do repouso vexetativo (decembro, xaneiro, febreiro), é dicir, desde o final do agostado ata o choro.
Dentro da poda en seco podemos distinguir varios tipos:
- Poda anticipada ou temperá: É aquela que se realiza antes de que a capa termine o agostamento, o que orixina un desborre máis tardío, co conseguinte retraso da maduración e perda de vigor. A execución desta poda non é aconsellable nas variedades vigorosas e de madurez precoz. (Unicamente pode resultar en climas de verán longo con variedades vigorosas e de madurez precoz)
- Poda retrasada ou tardía: É aquela uq e se realiza cando a cepa xa iniciou o desborre ou agromado. Os efectos son parecidos ós ocasionados pola poda temperá. Tampouco resulta unha práctica aconsellable (unicamente no caso de que se teman xiadas tardías ou primaverais).
- Poda normal: É a máis utilizada pola maioría dos viticultores. A súa práctica ten lugar no período que vai desde a caída da folla ata o choro, é dicir, nos meses centrais do repouso invernal. Nesta época atopámonis cunha cepa que xa agromou e que se atopa ben agostada.
Dado que nos nosos viñedos temos cepas de distintas variedades e que, polo tanto, non todas elas alcanzan o grao de madurez industrial na mesma data, é aconsellable practicar podas temperás nas cepas cun ciclo vexetativos máis curto. Por medio desde práctica conséguese rertasa-la maduración destas, co que é posible chegar á vendima con tódalasvariedades en idéntico punto de madurez.
Poda de la vid. Hidalgo L. Ed. MUNDIPRENSA (Madrid 1979)
Manual de viticultura. Reyner A. MUNDIPRENSA (5ª edic. Barcelona 1995)