Bico de grao S. Coop. Galega

Llamar Cómo llegar

Bico de grao S. Coop. Galega 🌿Tenda produtos ecolóxicos a granel
🌿Espazo multidisciplinar
🌿Consumo crítico.Comercio xusto.Km0

Bico de grao somos tres socias que nos constituímos como cooperativa de traballo asociado para por en marcha un espazo de venda de produtos ecolóxicos a granel e de xestión comunitaria de servizos, co obxectivo final de crear un rede de consumo consciente e responsable en Lugo. Este proxecto pretende ofrecer alternativas sustentables en tódalas súas vertentes polo que ademais dunha tenda de produtos ecolóxicos a granel e non perecedeiros, temos un espazo para a realización de actividades relacionadas cos valores da cooperativa e outro de deseño téxtil (coa nosa propia marca Fixenöeu). Na procura dun mundo mellor, máis sostible, xusto, ecolóxico e solidario, creamos este espazo, ao que vos convidamos a unirvos para agrupar inquedanzas e procurar alternativas.

Rapazolas e rapazolos! Ide sacudindo os vosos armarios e faios, que non só remata San Froilán, e non so entra o outono!C...
07/10/2026

Rapazolas e rapazolos! Ide sacudindo os vosos armarios e faios, que non só remata San Froilán, e non so entra o outono!
Chega o Mercadiño de Troco de novo!
Saca o que non entra e leva o que te colle, deixa o que non usas para que outros o expriman!
O baile do mes é o meneo de cousas no Bico de Grao. Mércores 14 e xoves 15. De 17. 20h.

Limpo, e en bo estado. Como se fose para tí. 😎😎

18/09/2026

Sabedes por que as mangas que cultiva Jesús son as máis riquísimas deste emisferio? Pois, aparte do solo no que están, é polo cariño e coidado que pon na produción 🫶. Mirade que maneira xeitosiña de recolectar.
Logo méteos nunha caixa e un día despois 🚚están en Lugo para todas vós. Un luxo difícil de igualar.
Non precisan moita publi porque as que xa os probastes non queredes doutros, pero para as despistadas... xa están aquí 🤗 e a tempada é pequeneira, que non se vos pase vir por elas!
Ñam, ñam! 🥭

Porque tamén temos dereito a parar, mirar arriba, sorprendernos e estar xuntas.Oxalá máis comercios se animen a facer o ...
10/08/2026

Porque tamén temos dereito a parar, mirar arriba, sorprendernos e estar xuntas.
Oxalá máis comercios se animen a facer o mesmo.
Oxalá que o único que consumamos nesa tarde sexa ilusión.
Oxalá que, por unha vez, non gañe o consumo. Que gañe o tempo. Que gañe o ceo ✨.

Es desas persoas ás que os mosquitos parecen chamar polo nome? Das que, fagas o que fagas, espertan nas noites de verán ...
23/06/2026

Es desas persoas ás que os mosquitos parecen chamar polo nome? Das que, fagas o que fagas, espertan nas noites de verán co corpo cheo de picaduras?

Pois se non queres botar produtos agresivos na pel, pero tampouco estás disposta a servirlles de cea... temos a solución!

Si, si. Damos fe: é unha auténtica marabilla.

Un fluído antimosquitos eficaz, apto para toda a familia —crianzas, persoas maiores e embarazadas— e elaborado con todo o cariño por Mireia, no fermoso entorno do Montseny.

E para eses días nos que esqueciches aplicalo e algún mosquito se adiantou, tamén temos un calmante que alivia as picaduras de maneira natural.

Que desfrutedes desta noite máxica e de todas as que veñan: libres de zunidos, de picaduras e de bicherío voador. ✨🦟❌

Tardou en chegar pero fíxoo con toda a súa forciña! 🌞Para que nin a vosa pel sufra (nin os mares, océanos, pozas, ríos e...
01/06/2026

Tardou en chegar pero fíxoo con toda a súa forciña! 🌞

Para que nin a vosa pel sufra (nin os mares, océanos, pozas, ríos e a fauna destes), lembrade que en Bico temos:

⛱️ Protectores solares de (para crianzas, adultas, facial e facial con cor) feitos en Barcelona e veganos.

⛱️Protector solar , feitos en Pontevedra da man dunha farmacéutica e un biólogo, con ingredientes locais (algas, augas mediciñais de Mondariz e cera de abellas).

Ámbolos dous son filtros físicos, sen partículas nanométricas, resistentes á auga, fluídos, biodegradables, sen conservantes, siliconas nin perfumes.

⛱️Completamos o conxunto de protección máxima co bálsamo vegano de Hurraw! Que hidrata moito e non deixa residuo branco.

👉Lembrade sempre protexer a cabeciña cunha boa pucha 🧢 e refrescarvos cada certo tempo 💦.

📣Escoitamos hoxe que seguramente sexa o verán máis caloroso dos que lembramos así que só nos queda protexernos, tanto fisicamente como no teórico e material (loitando contra o cambio climático, as que o negan, o capitalismo que o acelera e as que promoven prácticas contrarias ao ben común noso e da Terra). 🌎💜

Asistimos, nestes tempos de insolidariedade atronadora, a como os principios máis básicos da convivencia e da paz son em...
15/05/2026

Asistimos, nestes tempos de insolidariedade atronadora, a como os principios máis básicos da convivencia e da paz son empregados como armas políticas ao servizo de quen só pretende agrandar, sen sentido ningún, a distancia entre unhas persoas e outras.

Estamos na semana das Letras Galegas e este domingo celebramos (e reivindicamos) a necesidade da protección institucional da lingua galega como máxima expresión dos cimentos dunha cultura e dun xeito propio de estar e de pertencer ao mundo.

En Bico de Grao sempre tivemos claros os nosos posicionamentos. Dende o inicio fomos un espazo seguro para o emprego da lingua, e iso é para nós motivo de orgullo, de identidade e de compromiso.

Levamos días asistindo a movementos políticos na cidade sobre os que non imos entrar a valorar. Mais cando se trata de recortar liberdades, de retirar unha bandeira que reclama paz e xustiza, de desmontar liñas de traballo institucional a prol da nosa lingua, de transformar o Lugo solidario e aberto nun outro que non recoñecemos, aí si que sentimos a obriga de estar, de falar e de posicionarnos.

Porque Bico de Grao non lle debe nada a ninguén máis que á ética das persoas que estamos detrás do mostrador e das que estades diante del cada día. E a coherencia é o mínimo que se lle debe esixir a un espazo político e humano coma o noso.

Temos a enorme sorte de vivir nun Lugo que, malia todo, conserva unha valiosa saúde lingüística. Unha cidade orgullosa e humilde, consciente de onde vén e tamén de cara onde quere camiñar. Somos moitas as persoas que defendemos a diversidade, a multiculturalidade e o ben común porque cremos, profundamente, que as linguas unen, enriquecen e fan mellor á sociedade.

A nosa identidade non se toca.
O galego non se toca.

ALIMENTACIÓN, HORMONAS E COIDADOAbrimos un espazo para aprender sobre nutrición cunha mirada máis consciente, práctica e...
13/05/2026

ALIMENTACIÓN, HORMONAS E COIDADO

Abrimos un espazo para aprender sobre nutrición cunha mirada máis consciente, práctica e con perspectiva de xénero da man de 💜

Neste curso falaremos de:
🥗 Introdución á nutrición con perspectiva de xénero.
🌙 A alimentación ao longo do ciclo menstrual e nas diferentes etapas vitais.
💛 Aproximación ao coidado en situacións como a endometriose, o SOP ou a menopausa.
🛒 Lectura crítica do etiquetado nutricional.
🍲 Creación colectiva de menús sinxelos, realistas e adaptables ao día a día.

Un encontro para compartir información útil, desmontar mitos e crear ferramentas de coidado desde o colectivo ✨

Será o venres 29 de maio de 18 a 20h.
👉 Inscríbete axiña, prazas limitadas!

E diredes vós... Como é que fan publicidade dunha obra de teatro? Sobran os motivos!👉Porque unha das actrices, promotora...
22/04/2026

E diredes vós... Como é que fan publicidade dunha obra de teatro? Sobran os motivos!

👉Porque unha das actrices, promotoras e xestoras de .teatrofisico é a nosa
👉Porque baixo a nosa marca téxtil fixemos parte do vestiario.
👉Porque apostamos pola cultura galega, en galego e de galegas.
👉Porque a presencia é importante. Estar fisicamente nos espazos é tan, tan fundamental que non nos cansamos de repetilo.
👉Porque equilibrar a vida de dentro de Bico e a de fóra, mesturándonos coas que están do outro lado, é un acto político.
👉Porque este proxecto ten moito talento e traballo detrás.

Animámosvos a todas e todos a achegarvos ao Gustavo Freire o xoves ás 20.30h para atoparnos alí.

A nosa tendiña pechará, excepcionalmente ás 19.30h, para que nos dea tempo a chegar.

Máis teatro, máis presencia ociosa e menos guerra.

Esta casiña de paxaros chegou a nós como un detalle, pero quedou como símbolo: de coidado, de vida que medra amodo, de e...
13/04/2026

Esta casiña de paxaros chegou a nós como un detalle, pero quedou como símbolo: de coidado, de vida que medra amodo, de espazos onde parar e respirar.
Agora colga aí fóra, acompañando ao noso proxecto e lembrándonos que tamén nós queremos ser iso: un lugar que acolle.
Grazas por regalarnos algo tan sinxelo e tan cheo de sentido 💜.

🔊Díganllo ás veciñas, á familia, á parella, ás amigas porque volve, un ano máis (e van 12), O MERCADIÑO DE TROCO de Bico...
06/04/2026

🔊Díganllo ás veciñas, á familia, á parella, ás amigas porque volve, un ano máis (e van 12), O MERCADIÑO DE TROCO de Bico de Grao 🌷edición primavera!

O funcionamento é o habitual: Tes algo que non uses? Está en bo estado? Pois que estea limpiño e digno de intercambiar porque seguro, seguro que a alguén lle fai avío.

A cambio, levas o que precises. Non se trata de caridade, senón dun xeito alternativo de economía e de resistencia.
✳️Resistencia ao consumismo que nos afoga.
✳️Resistencia a unha economía que esquece ás persoas.
✳️Resistencia desde o cotiá, desde o pequeno, desde o colectivo.

Porque trocar tamén é coidarnos.
Porque compartir tamén é loitar.

Vémonos mércores 15 e xoves 16 en Bico.
Que este convite chegue moi lonxe! Que rule, que rule!

Dirección

Ronda Das Fontiñas 226 Baixo
Lugo
27002

Horario de apertura

Lunes 11:00 - 15:00
17:00 - 20:30
Martes 11:00 - 15:00
17:00 - 20:30
Miércoles 11:00 - 20:30
Jueves 11:00 - 15:00
17:00 - 20:30
Viernes 11:00 - 15:00
17:00 - 20:30
Sábado 11:00 - 14:00

Teléfono

+34982807935

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Bico de grao S. Coop. Galega publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir