10/10/2026
🏡 O Saviñao, beneficiario do programa de residencias da Xunta de Galicia, presentado en Ourense.
Esta iniciativa supón unha oportunidade para seguir avanzando na mellora dos servizos de atención ás persoas maiores e reforzar os recursos asistenciais no noso municipio.
Desde o Concello apostamos por este tipo de iniciativas, que contribúen a mellorar a calidade de vida dos nosos veciños e a fortalecer os servizos no rural.
🤝 Grazas á Xunta por facelo posible!