A Fusquenlla

Llamar Cómo llegar Página web Contactar con la empresa

A Fusquenlla Centro de transformación agroalimentaria

Compartimos estas dúas propostas formativas que achegan á nosa zona desde o proxecto Slow Food Compostela, con apoio da ...
14/10/2026

Compartimos estas dúas propostas formativas que achegan á nosa zona desde o proxecto Slow Food Compostela, con apoio da Deputación da Coruña.

A sesión da tarde, centrada no tecido produtivo, abordará cuestións de especial interese para quen utiliza o noso obradoiro, como a venda directa, a comercialización e a normativa sobre envases.

Será unha boa oportunidade para resolver dúbidas e seguir aprendendo sobre como levar os produtos do campo á mesa, pensando principalmente nos restaurantes e outros establecementos hostaleiros.

E outra cita máis co sector primario para este domingo, desta vez en Goente.
10/10/2026

E outra cita máis co sector primario para este domingo, desta vez en Goente.

🍯🧀 XVI Feira do Mel e do Queixo de Goente

O vindeiro 11 de outubro, Goente acollerá unha nova edición desta feira, un encontro para poñer en valor os produtos locais, a artesanía e as nosas tradicións.

Ao longo da xornada haberá postos de mel, queixo, produtos locais e artesanía, actividades infantís e familiares, unha charla sobre a cultura sidreira asturiana e unha degustación de tapas «con mel e queixo».

🍎 Este ano contamos coa presenza do Museo da Sidra de Nava (Asturias), convidado especial da feira, que ofrecerá charlas, actividades, catas e obradoiros.

🐝 Ademais, os días 9 e 10 de outubro celebraranse as XXVII Xornadas Apícolas do Eume, na Casa do Mel de Goente.

Unha cita para g***r, descubrir e compartir o mellor do noso territorio. Agardámosvos! 💛

Este domingo hai que vir por Moeche, si ou si.
08/10/2026

Este domingo hai que vir por Moeche, si ou si.

Domingo 11 de outubro, X Feira da Faba en Moeche

08/10/2026

👋A asociación Seitura 22, da que Valdoviño forma parte, lidera o proxecto de cooperación Leader “Nó Rural”, centrado nos últimos tempos en contribuír á remuda xeracional no agro galego. Así, recentemente lanzaba unha enquisa para identificar a agricultores e gandeiros próximos á xubilación que desexen dar o relevo ao fronte da explotación. O obxectivo último é ofrecerlles un acompañamento que facilite a chegada de persoas emprendedores que vexan o seu futuro no rural.

🙋Se estades nesta situación, queredes asegurar a continuidade da vosa explotación e tedes 5 minutos, sería de gran axuda para o proxecto que cubrírades a enquisa. Non compromete a nada 🖱️Está dispoñible no portal web de Nó Rural: https://norural.gal/enquisas/
-
-
Asociación GDR Seitura22 Nó rural

Este xoves viñeron visitarnos un grupo de futuras enxeñeiras e enxeñeiros agrícolas de México cos que compartimos unha m...
02/10/2026

Este xoves viñeron visitarnos un grupo de futuras enxeñeiras e enxeñeiros agrícolas de México cos que compartimos unha mesma visión de cal debe ser o futuro da produción e comercialización agroalimentaria: sostible, próxima e soberana.

Concello de Cedeira Concello de Cerdido moeche.concello Concello de Narón Concello de As Pontes Concello de San Sadurniño Concello de Valdoviño Xeoparque Cabo Ortegal Plan Emprego Local - PEL Deputación da Coruña Asociación GDR Seitura22

Un grupo de nove estudantes e un profesor da Universidade Autónoma de Chapingo, en México, visitou este xoves as instalacións da Fusquenlla no marco das prácticas de campo internacionais do alumnado de sexto curso de Enxeñaría de Xestión de Redes Agroalimentarias. A delegación achegouse ao c...

25/09/2026
14/09/2026

✨ Hoxe comeza o Rede Coworking Fest 2026!

🔔 Último día para inscribirte na sesión «IA no teu negocio: automatiza tarefas repetitivas e recupera tempo cada semana» de A Capela Coworking

👉A sesión céntrase no uso práctico da intelixencia artificial en pequenos negocios e proxectos de autoemprego: que tarefas repetitivas se poden automatizar, con que ferramentas e canto tempo semanal se recupera con cada unha.

📅 Martes 15 de setembro de 2026 · 🕐 17:00 – 19:00 · 📍 Coworking da Capela (As Neves 33, 1º) · 🎟️ Gratuíto

Inscríbete en https://redecoworking.pel.gal/evento/ia-no-teu-negocio-automatiza-tarefas-repetitivas-e-recupera-tempo-cada-semana/

Volve a   organizada polo Plan Emprego Local - PEL Deputación da Coruña para promocionar os centros e iniciativas da red...
07/09/2026

Volve a organizada polo Plan Emprego Local - PEL Deputación da Coruña para promocionar os centros e iniciativas da rede provincial de espazos colaborativos. Hai unha chea de actividades entre obradoiros e visitas guiadas, seis delas relacionadas co noso proxecto.

Se estás pensando en unirte a nós e queres ver o que estamos facendo e como o facemos, apúntate ata este xoves 10 de setembro en [email protected] ou no 695 87 60 68.

Concello de Cedeira Concello de Cerdido Concello de Moeche Concello de Narón Concello de As Pontes Concello de San Sadurniño Concello de Valdoviño Asociación GDR Seitura22 Deputación da Coruña

O Centro de Transformación A Fusquenlla participará na semana do 14 ao 18 de setembro na terceira edición da Rede Coworking Fest, unha iniciativa do Plan de Emprego Local (PEL) da Deputación da Coruña que dá a coñecer os 12 espazos de traballo colaborativo da provincia e os proxectos que se d...

Moita variedade e moita calidade, toda xunta nun mesmo expositor onde poderás probar e comprar moitos dos produtos que x...
27/08/2026

Moita variedade e moita calidade, toda xunta nun mesmo expositor onde poderás probar e comprar moitos dos produtos que xa están saíndo do noso obrador. Ademais, na Feira Rural de San Sadurniño tamén terán presenza as marcas acollidas ao distintivo KB0 do Xeoparque Cabo Ortegal.

Concello de Cedeira Concello de Cerdido Concello de Moeche Concello de Narón Concello de As Pontes Concello de San Sadurniño Concello de Valdoviño Plan Emprego Local - PEL Deputación da Coruña Turismo da Deputación da Coruña

A marca de calidade KB0 e o proxecto A Fusquenlla terán este sábado unha presenza destacada na Feira Rural de San Sadurniño, achegando ao público unha ampla mostra de produtos agroalimentarios elaborados e comercializados no territorio. As dúas iniciativas, vinculadas á promoción da produció...

Os nosos produtos tamén estarán este venres no Mercado Sostible de Concello de Valdoviño. Aló imos!!!
20/08/2026

Os nosos produtos tamén estarán este venres no Mercado Sostible de Concello de Valdoviño. Aló imos!!!

Dirección

Recinto Feiral De San Ramón S/N
Moeche
15563

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando A Fusquenlla publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Empresa

Enviar un mensaje a A Fusquenlla:

Atajos

Compartir