Viñoteca O Petisco

Viñoteca O Petisco La mejor descripción es la opinión de nuestros clientes, preguntenle a ellos!!!!!!

01/02/2026

🏍️ A ###V Concentración Ruta N‑634 chega a Mondoñedo cunha exhibición de Cuadrado Stunt como gran reclamo

Mondoñedo xa está a piques de vivir unha nova edición da súa cita mototurística máis emblemática: a ###V Concentración Ruta N‑634, A Invernal de Galicia, que este ano celebra o seu 35 aniversario. A cita terá lugar os días 6, 7 e 8 de marzo, e chega cun programa que combina tradición, convivencia e espectáculo.

Entre todas as actividades previstas, o gran reclamo desta edición será a exhibición de Cuadrado Stunt, programada para o sábado ás 18:00. O piloto, coñecido polas súas manobras extremas e pola capacidade de conectar co público, promete ofrecer un dos momentos máis impactantes desta fin de semana dedicada ás dúas rodas.

A xornada do sábado completarase coa sesión vermú, a fabada na Praza da Catedral, os xogos e a tradicional Ruta das Antorchas. O venres abriranse as inscricións cunha festa de benvida, e o domingo pecharase a concentración cun almorzo para inscritos, ruta libre e comida final con sorteo. A organización corre a cargo do Motoclub Mondoñedo Ruta N‑634, coa colaboración do Concello, a Xunta e a Deputación de Lugo.

Todo apunta a que Mondoñedo volverá converterse nun punto de encontro imprescindible para os amantes das motos, nun ano especialmente simbólico polo 35 aniversario da concentración. E alí estará Mindonium, dentro das nosas posibilidades, para ofrecer os mellores momentos desta fin de semana sobre rodas.

Dirección

Praza Do Concello , 12
Mondoñedo
27740

Horario de Apertura

Lunes 09:30 - 17:30
Martes 09:30 - 23:00
Miércoles 09:30 - 23:00
Jueves 09:30 - 23:00
Viernes 09:30 - 23:00
Sábado 09:30 - 12:00
Domingo 10:00 - 17:30

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Viñoteca O Petisco publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Viñoteca O Petisco:

Compartir