18/08/2026
O mar non perdoa
Hoxe o mar volve levarse unha vida.
Un mariñeiro de Ribeira, de 61 anos, faleceu mentres faenaba nas Cíes tras sufrir un accidente a bordo.
Desde Fresco y del Mar, queremos trasladar todo o noso cariño e solidariedade á súa familia, aos seus compañeiros e a toda a comunidade mariñeira de Ribeira.
Porque detrás de cada captura, de cada peixe e de cada marisco que chega á nosa mesa, hai persoas que saen ao mar cada día, moitas veces xogándose a vida.
Hoxe non toca falar de marisco. Hoxe toca lembrar a un mariñeiro.
Descansa en paz. ⚓️🖤