08/09/2026
Atréveste a probar cousas novas?
Unha maneira de deixar a túa pegada nun prato é empregar técnicas orixinais.
⚗️ As esferificacións, por exemplo, forman parte da cociña molecular e consisten en perlas de líquido recubertas por unha película xelatinosa.
Fornecen un gran atractivo visual e complementan a experiencia gastronómica cunha textura divertida e inusual.
💡 É común aplicar esta técnica para elaborar perlas de vinagre ou aceite, mais tamén acompañamentos máis orixinais coma o falso caviar.
Fixeches esferificacións algunha vez? Cóntanolo!