15/10/2026
Hoxe celebramos o Día da Muller Rural da mellor maneira: compartindo espazo, experiencias e aprendizaxes con tantas mulleres que lideran proxectos interesantes no rural. 💜
Participar neste encontro organizado por Fademur en Lugo é a mellor forma de comprobar todo o que acontece cando as mulleres apostan pola súa terra e crean oportunidades nela.
Detrás de cada proxecto hai moito traballo, ilusión e compromiso. Hai mulleres que emprenden, que innovan, que crean emprego, que recuperan tradicións e que demostran cada día que o rural ten presente e futuro.
Grazas a FADEMUR por promover estes espazos de encontro.🌱
Feliz Día da Muller Rural!