13/07/2026
🍷 Hoxe tivemos o pracer de asistir, dende Adega Vizcaín, ás Xornadas das IXP de galicia .ixp.gal . Neste caso as de Terras do Navia, unha xornada dedicada a poñer en valor o patrimonio vitivinícola da nosa terra.
A mañá comezou cunha magnífica cata comentada dos viños de Negueira de Muñiz, guiada por Luis Paadín , que nos permitiu coñecer e valorar aínda máis a singularidade dos nosos viños. A continuación, realizamos un pequeno percorrido por distintos recunchos de Negueira para contemplar de preto a paisaxe e o territorio que fan posible esta viticultura tan especial.
Despois dunha excelente comida en Casa Sidrón , puxemos o broche final á xornada cunha última cata, rematando un día cheo de aprendizaxe, intercambio de experiencias e paixón polo viño.
Queremos agradecer a organización desta iniciativa e, de maneira especial, a Luis Paadín por compartir o seu coñecemento e transmitir con tanta paixón a esencia dos nosos viños.
Seguimos traballando para poñer en valor a nosa terra e todo o que nace dela. 🍇🍷