18/08/2026
📜 BANDO MUNICIPAL
MEDIDAS EXTRAORDINARIAS E URXENTES PARA O AFORRO DE AUGA 🚰
ℹ️ O EXCMO. CONCELLO DE O CARBALLIÑO COMUNICA:
Que, ante a grave situación de seca motivada pola ausencia prolongada de chuvias e o impacto das continuas vagas de calor deste verán, os recursos hídricos que abastecen ao noso municipio atópanse nun nivel de extrema vulnerabilidade.
A auga é un recurso limitado e esencial. Por elo, co obxectivo de garantir o abastecemento domiciliario para consumo humano e evitar restricións maiores nas próximas semanas, apelamos á responsabilidade e solidariedade cidadán, e se establecen de cumprimento obrigatorio as seguintes medidas:
🚫 LIMITACIÓNS DE USO:
• 🌻 Rego con auga da rede: Suspensión total do uso de auga potable para o rego de xardíns, hortas, parques ou zonas verdes, tanto de carácter público como privado.
• 🧹 Baldeo de rúas e fachadas: Minimizar a limpeza de rúas, beirarrúas, fachadas, terrazas ou patios con auga da rede de municipal de abastecemento.
• 🏊 Enchido de piscinas: Prohibido o enchido, total ou parcial, de piscinas privadas, plásticas ou desmontables que non dispoñan dun sistema pechado de depuración e recirculación.
• 🚗 Lavado de vehículos: Queda prohibido o lavado de coches, motos ou calquera outro vehículo con mangueira na vía pública ou en recintos privados (se permite unicamente en túneles de lavado comerciais aptos para este fin).
• ⛲ Fontes ornamentais: Se procederá ao corte de subministro en fontes públicas e ornamentais que non dispoñan de circuíto pechado de auga.
💧 RECOMENDACIÓNS PARA O USO DOMÉSTICO RESPONSABLE:
• Duchas cortas: Priorizar a ducha fronte ao baño (supón un aforro de hasta 150 litros).
• Peche de billas: No deixar correr el auga ao lavar os dentes, afeitarse ou fregar los pratos.
• Electrodomésticos a carga completa: Usa a lavadora e el lava vaixelas unicamente cando estean totalmente cheos.
• Revisión de fugas: Reparar de inmediato calquera goteo en cisternas o billas. Unha billa que gotea pode perder ata 30 litros ao día.
O Concello agradece de antemán o civismo, a colaboración e a comprensión de todos os veciños e veciñas de O Carballiño ante esta extraordinaria e difícil situación.