Adega Pateira

Llamar Cómo llegar Página web Contactar con la empresa

Adega Pateira Adega familiar que recupera a tradición vitivinícola máis pura do Val do Rosal.

Organizamos visitas que constan de tres partes: visitar os viñedos, a adega máis unha cata das diferentes elaboracións.
É preciso reservar con antelación para poder ofrecerlles unha visita cómoda, esta será dun máximo de 8 persoas.

Hai nomes de lugares que seguen vivos porque alguén continúa pronunciándoos e os topónimos son unha conversa entre xerac...
09/10/2026

Hai nomes de lugares que seguen vivos porque alguén continúa pronunciándoos e os topónimos son unha conversa entre xeracións. Nomean a terra, gardan memoria e forman parte da maneira que temos de entendela. Antes de dar nome aos nosos viños, xa nomeaban lugares do Rosal.
O territorio estaba aquí moito antes ca nós. Nós só atopamos unha maneira de seguir pronunciando eses nomes e de honrar a quen xa non está, pero traballou estas terras e fixo que eses nomes chegasen ata nós.

VENDIMAEsta vendima foi difícil.Fallaron as electroválvulas, a prensa non chegaba ata onde precisabamos, a despalillador...
25/09/2026

VENDIMA

Esta vendima foi difícil.

Fallaron as electroválvulas, a prensa non chegaba ata onde precisabamos, a despalilladora decidiu non traballar este ano e o frío non daba chegado. Foron días de poucas horas de sono, moitos imprevistos e momentos nos que tamén nós chegamos ao límite.

Pode que nós tamén fallásemos. Pero aprendemos.

Nunha adega pequena e sen apenas marxe económica, cada avaría pesa o dobre. Houbo momentos nos que pensamos que non seriamos capaces de chegar ata onde queriamos.

Pero cada vez que algo fallou apareceu alguén.

Quen nos prestou unha despalilladora antes de marchar traballar e respondeu ás once da noite. Quen, cando xa tiña pechado, volveu abrirnos as portas para que puidésemos coller xeo. Quen nos fixo a comida para que non tivésemos que parar. Quen atendeu cada unha das nosas dúbidas. Quen chamou para preguntar que necesitabamos e ofreceu o que sabía ou simplemente as súas mans.

Tamén os vendimadores, que souberon esperar cando lles pedimos paciencia, e os veciños, que soportaron o ruído da adega durante toda a semana.

Non foi unha vendima perfecta. Foi unha vendima na que tivemos que resolver, pedir axuda e continuar.

Estes días catamos con calma, descansamos e xa estamos de volta.

Agora podemos dicir con seguridade que os mostos están ao nivel que esperabamos e que a fermentación avanza controlada, ata onde nolo permite a súa propia natureza.

A vendima rematou.

Seguimos aquí.

Poderiamos falar de Sandra, de Pablo ou de Jarabizo Coop.Pero a verdade é que Adega Pateira nunca foi só cuestión de dúa...
17/07/2026

Poderiamos falar de Sandra, de Pablo ou de Jarabizo Coop.
Pero a verdade é que Adega Pateira nunca foi só cuestión de dúas persoas.
“Nós” son todas as mans que coidaron estas viñas durante xeracións.
Son as persoas que decidiron confiar en nós e cedernos as súas viñas para que seguisen vivas.
Son quen escolle os nosos viños, quen os comparte arredor dunha mesa e quen, sen sabelo, tamén pasa a formar parte desta historia.
Hoxe tócanos a nós asumir a responsabilidade de continuar este proxecto.
Nada disto existiría só por nós.
No fondo, cada botella fala precisamente diso: dun territorio, dunha memoria compartida e dunha forma honesta de seguir habitando a terra.

Hai un ano demos un paso importante coa creación de Jarabizo Coop. e asumimos a responsabilidade de dar continuidade a A...
15/07/2026

Hai un ano demos un paso importante coa creación de Jarabizo Coop. e asumimos a responsabilidade de dar continuidade a Adega Pateira.
Desde entón estivemos centrados no máis importante: coidar as viñas, elaborar os nosos viños e repensar o proxecto para construír o seu futuro. Porque antes de contar un proxecto, primeiro hai que construílo.
A partir de hoxe queremos que este espazo sexa unha fiestra aberta á nosa adega e á forma que temos de entender o viño e o territorio que o fai posible. Queremos abrirvos as portas deste proxecto para compartir convosco as viñas, as nosas elaboracións, as persoas que hai detrás e as historias que fan de Adega Pateira moito máis ca unha adega.
Benvidos.

✊Defender o mercado local é defender o noso.Este 30 de maio o Mercado do Rosal énchese de sabor, tradición e produto de ...
28/05/2026

✊Defender o mercado local é defender o noso.
Este 30 de maio o Mercado do Rosal énchese de sabor, tradición e produto de proximidade da man de quen traballa cada día para manter vivo o comercio local 💙
🍞
🥬
🐟
🍷
Catro exemplos do esforzo, da calidade e da identidade do noso pobo. Porque mercar no mercado non é só consumir: é apoiar ás familias, ao produto fresco, ao trato cercano e á economía da nosa terra.
👉 Haberá degustación gratuíta de:
🍕 Pizza de pescada
🧀 Queixos
🥟 Empanada
🍷 Viño do Rosal
📅 30 de maio
📍 Mercado do Rosal – Praza do Calvario
Facer barrio, facer vila e facer futuro tamén pasa por encher de vida os nosos mercados. Non deixemos morrer o comercio de proximidade. Aposta polo pequeno comercio, pola xente da casa e polo produto da nosa terra ✊💙

Dirección

Calle Ramón Franco, 3 Bajo
O Rosal
36770

Horario de apertura

Lunes 10:00 - 13:00
17:00 - 20:00
Martes 10:00 - 13:00
17:00 - 20:00
Miércoles 10:00 - 13:00
17:00 - 20:00
Jueves 10:00 - 13:00
17:00 - 20:00
Viernes 10:00 - 13:00
17:00 - 20:00
Sábado 10:00 - 13:00
17:00 - 20:00
Domingo 10:00 - 13:00
17:00 - 20:00

Teléfono

+34698171172

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Adega Pateira publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Empresa

Enviar un mensaje a Adega Pateira:

Atajos

Compartir

Categoría