Bieiteiras Adicámonos á producción e venda directa de hortalizas ecolóxicas sen utilizar ningún tipo de pr

Adicámonos á producción de hortalizas ecolóxicas sen utilizar ningún tipo de produtos químicos de síntese, ofrecendo alimentos saudables e nutritivos.

24/09/2026

Cabaza potimarron! 🎃 🧡
Ten un toque suave a castaña que namora e unha textura súper cremosa.
En crema, asada ou en guiso... Triunfo asegurado 🫰

27/08/2026

Descabenzado tomate!!

Ao cortar a guía principal ao final da tempada, a planta deixa de medrar e céntrase en madurar os últimos froitos antes do frío.

E ti, fas isto no tua horta? Cóntame nos comentarios! 👇🌱

21/08/2026

Cóntovos os prezos 🫰

♥️ Vermello 3,50€/kg
💙 Azul 4,00€/kg
🖤 Negro de Santiago 5,00€/kg
💚 ECOLÓXICO CERTIFICADO

19/08/2026

Polo San Ramón o nabo leva a súa sazón! 🙂‍↕️
Pois iso... Probar suerte, que si non salen (malo será) vólvense botar.

Mañá mercado!! 😁 Aproveitade para dar unha voltiña pola feira 🕺
14/08/2026

Mañá mercado!! 😁 Aproveitade para dar unha voltiña pola feira 🕺

13/08/2026

CAVILACIÓNS DUNHA BIEITEIRA 🌿✨ Debate agricultura ecolóxica

Hoxe tócalle o turno a un tema que dá moito que falar: certificarse ou non? 🏷️🍏

Nós estamos certificados porque nos parece unha garantía para quen nos merca 💚

Pero sei que este asunto ten moitas aristas e moitos puntos de vista, así que...
Abro debate 🫰

👨‍🌾 Se es labrega/o e decides non certificarte pero sigues as mesmas normas, cal é o motivo para non certificarte?

🛒 Se es consumidora e compras directamente dache máis confiaza que teñamos o selo?

💬 Deixádeme a vosa opinión nos comentarios! Se vexo que a cousa se pon interesante, anímome e fago máis vídeos afondando no tema. 😉👇

ProdutoLocal DebateAberto

11/08/2026

A rega con cinta é moito máis eficiente que a aspersión💦
Por certo, non é de un só uso. Nós levamos anos coa mesma cinta de rega, si se fura, cunha pouca cinta aislante queda como nova (tampouco tanto, pero ben vale). Nos últimos veráns xa se está convertindo en imprescindible regar no exterior. Quen nolo diría hai uns anos! Ti tamén usas cinta de rega ou como fas?
👇Déixao nos comentarios!

05/08/2026

O vídeo xa ten uns días 😅
Nós sacamos as herbas así, de paso levan unha sachadiña...

❌ Sen herbicidas.
❌ Sen fresa.
❌ Sen voltear a terra.

Respectando a vida do solo 💚

Vos como facedes? Léovos nos comentarios! 👇

HortaEcolóxica

26/06/2026

🥦 Con esta calor os brócolis non resistiron e comezaron a subir ☀️

Iso quere dicir que hai que recollelos e vendelos xa, porque se non acabarán estragándose 😭

Quizais xa non teñan o aspecto máis bonito, pero están igual de ricos e cheos de sabor! 💚

Se vos apetecen uns brócolis frescos da horta, mañá estaremos no mercado das Pontes dende as 9:30 h.

Ao mercar produto de tempada e proximidade tamén axudades a evitar o desperdicio alimentario.

Agardámosvos! 🌱😊

Dirección

Lugar Do Ares-Aparral
Puentes De García Rodríguez
15327

Horario de apertura

Martes 13:00 - 15:00
Sábado 09:00 - 13:30

Teléfono

620749875

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Bieiteiras publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir