01/10/2026
🚒 BALANCE DE ACTIVIDADE DO TERCEIRO TRIMESTRE
Durante os meses de xullo, agosto e setembro, o Servizo de Emerxencias desenvolveu unha intensa actividade, dando resposta ás emerxencias, incidencias e operativos rexistrados na nosa zona de actuación.
📊 364 intervencións segundo os totais mensuais:
🔹 Xullo: 120 intervencións
🔹 Agosto: 133 intervencións
🔹 Setembro: 111 intervencións
Entre as actuacións realizadas destacan:
🚗 40 accidentes, 26 accidentes con persoas feridas — 1 con excarceración — , 11 sen feridos, 2 accidentes laborais, e 1 accidente ferroviario con resultado mortal.
🔥 27 incendios, entre os que se inclúen 14 incendios forestais —2 falsas alarmas —, 7 de vehículos —2 falsas alarmas —, 3 urbanos —1 falsa alarma, e 3 intervencións relacionadas con infraestruturas, e electricidade.
🐝 154 intervencións para a eliminación ou neutralización de niños de vespa velutina.
🐕 31 intervencións con animais soltos, feridos, mortos ou en situación difícil.
🚑 Apoios e asistencia en situacións sanitarias e persoas en situación difícil, incluíndo 10 colaboracións co helicóptero medicalizado, 1 parada cardiorrespiratoria, 10 caídas na casa, 3 rescates en ríos pozos, e aperturas de portas.
🌳 Actuacións ante incidencias na vía pública 12, relacionadas con árbores, ramas, cables, pancartas, restos de accidentes ou vehículos avariados.
🛡️ Un importante número de operativos de Protección Civil— 65—, dos que 37 foron apoio dos nosos Voluntarios de PC en eventos e actividades como a Mostra Internacional de Teatro, Carroza do Teatro Real, XLI Xornadas de Folclore, Festa da Istoria, as Festas patronais, Festa do Pulpo, Romaría dos Milagros..., ademais de labores de loxística, aprovisionamento de auga e prevención.
O terceiro trimestre estivo marcado por unha importante actividade preventiva, especialmente durante os meses de maior risco de incendios forestais e pola elevada presenza de vespa velutina, e na que xa empezamos o trampeo de outono con 46 trampas colocadas o longo do concello.
Neste período, lamentablemente, producíronse 3 persoas falecidas en diferentes intervencións. Queremos trasladar o noso máis sincero pesar ás súas familias e amizades.
Así mesmo, 43 persoas resultaron feridas de diferente consideración, ás que lles desexamos unha pronta e completa recuperación.