07/09/2026
🫀 Ribeira conta cun desfibrilador nun das súas instalacións municipais: o mercado da cidade. Trátase dunha medida que pon en marcha o Concello para seguir incrementando os espazos cardioprotexidos do municipio respondendo a criterios como os de maior concorrencia, tal e como sucede na dita praza de abastos, pola que pasan diariamente un gran número de persoas.
👩🏻🏫 Ademais, os praceiros e praceiras recibirán en vindeiras datas un curso para actualizar a súa formación sobre como actuar ante unha parada cardiorrespiratoria e como empregar dito desfibrilador.
🪙 O investimento foi de 2.601,50 euros, IVE incluído.
🔗 Tamén dispoñible na páxina web municipal.