12/12/2025
Esta fin de semana, celébranse en Erbecedo-Coristanco ( A Coruña) unhas Xornadas gastronómicas de carne de Poldro 100x100 Pura Raza Galega. Os establecementos onde se poderán degustar diferentes tapas e empanada de Poldro de PRG, son Panadería Añón, bar O Cacharelo e o Ultramarinos Cesar Carnero. Non perdades a ocasión!.
Estas Xornadas están organizadas pola Asociación de Criadores do Cabalo Pura Raza Galega - Puraga e colabora a CMVMC Río do Sol.