01/09/2026
Este agosto fomos refuxio climático de colegas distribuidores, fonte vínica da veciñanza de proximidade, inspiración para probas de viños con amizades e familia, e incluso proveedores dalgún que outro frade. Que os frades que transitan polos conventos medievais de Compostela nos escollan para o viño, é un dato do máis relevante 😉
Tamén recibimos visitantes doutras latitudes, persoas con interese franco e respectuoso en nós e no noso (será iso o turismo de calidade?). En Vide Vide encántanos tamén cantar a nación dos mil viños aos catro ventos.
En fin, queremos agradecer de corazón ❤️ todas esas recomendacións que nos contan ao entrar pola porta. Veciñas e veciños, profesionais de moitos establecementos... que nos aconsellades como experiencia na cidade: mil grazas‼️
Foise agosto xa dando acios de uvas maduras e chegou setembro, boa vendima!