Mercado de San Antonio Tui

Mercado de San Antonio Tui 🏆 Distinguido co selo de Mercado Excelente de Galicia.

Produto fresco, gourmet e ecolóxico con zona gastronómica, café de especialidade e taquillas refrixeradas para os teus pedidos.

🧺 Pásate polo mercado e descúbreo!

04/09/2026

O Mercado de San Antonio de Tui entra na Rede de Mercados Excelentes, onde se recoñecen os mercados galegos que acadan os máis altos estándares de calidade e servizo.

Coa incorporación do noso mercado, xa somos 7 os que contamos con esta distinción, convertendo ao Mercado de San Antonio nun referente de calidade, servizo e bo trato, aínda que iso xa o sabiamos.

📹:

Esta mañá, o Mercado de San Antonio superou satisfactoriamente a auditoría para a obtención do Selo de Mercado Excelente...
01/09/2026

Esta mañá, o Mercado de San Antonio superou satisfactoriamente a auditoría para a obtención do Selo de Mercado Excelente da Xunta de Galicia, un proceso que vén confirmar oficialmente algo que xa sabiamos: o Mercado de San Antonio é un mercado excelente.

En toda Galicia, só seis mercados contan actualmente con este selo de calidade e, a partir deste xoves, seremos un máis. Unha distinción que nos sitúa entre os mercados de referencia de Galicia.

Este recoñecemento é froito do traballo, do compromiso e do esforzo de todas as persoas que forman parte do Mercado de San Antonio e que cada día apostan por ofrecer o mellor. Noraboa a todas e todos!

Hoxe presentamos a , unha das últimas incorporacións ao noso mercado.Tania leva xa uns meses ao fronte do seu propio pro...
25/08/2026

Hoxe presentamos a , unha das últimas incorporacións ao noso mercado.

Tania leva xa uns meses ao fronte do seu propio proxecto no mercado de San Antonio, poñendo toda a súa experiencia no mundo da carnicería ao servizo dos nosos clientes.

En Carnicería Tania atoparedes carne de calidade, preparados artesáns, queixos e embutidos, ademais dunha atención próxima, amable e personalizada. Porque, máis alá do produto, Tania aposta polo trato cercano e por coñecer e atender a cada cliente como se merece.

Unha nova proposta no noso mercado para seguir apostando polo produto de calidade, o comercio especializado e, sobre todo, pola cercanía e o bo trato que fan que sempre queiramos volver.

Abrimos as Xornadas Gastronómicas   cun sábado con sabor salgado do mar. Os mexillóns, en tres elaboracións, foron hoxe ...
22/08/2026

Abrimos as Xornadas Gastronómicas cun sábado con sabor salgado do mar.

Os mexillóns, en tres elaboracións, foron hoxe degustados por numerosos comensais.

Cada mes iremos descubrindo os productos de temporada do noso Mercado de San Antonio.

Por en valor e promocionar os produtos de cada temporada é o obxectivo das xornadas gastronómicas Saborea o Mercado de S...
20/08/2026

Por en valor e promocionar os produtos de cada temporada é o obxectivo das xornadas gastronómicas Saborea o Mercado de San Antonio Tui que este sábado comezan en Tui.

Ao v***r, en vinagreta e en arroz serán as tres elaboracións que se poderán degustar ao prezo de 4€ a ración a partir das 11 h no propio Mercado de San Antonio. O restaurante Al Dente, que colabora na iniciativa, será o encargado de preparar esta proposta gastronómica.

+ info https://tui.gal/gl/novas/este-sabado-no-mercado-de-san-antonio-saborease-o-mexillon-ao-v***r-en-vinagreta-e-en-arroz

Lembra que este sábado 22 comezan as Xornadas Gastronómicas, Saborea o Mercado de San Antonio!Cada mes traeremos unha xo...
20/08/2026

Lembra que este sábado 22 comezan as Xornadas Gastronómicas, Saborea o Mercado de San Antonio!

Cada mes traeremos unha xornada dedicada a un produto distinto. Comezamos este sábado con mexillón.

A partir das 11:00 h, achégate ao mercado para probar este maravilloso produto da nosa terra preparado de diferentes maneiras pero coa calidade e confianza que define ao noso mercado. Elaborado por Restaurante Al Dente co produto das nosas praceiras e praceiros.

Agardámoste 😉

Froitas, verduras e moita cor para encher a túa mesa de sabor e frescura.No Mercado de San Antonio atopas produto fresco...
18/08/2026

Froitas, verduras e moita cor para encher a túa mesa de sabor e frescura.

No Mercado de San Antonio atopas produto fresco, ecolóxico e de calidade, co trato próximo de sempre.

Dirección

Rúa Maristas, 40
Túy
36700

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Mercado de San Antonio Tui publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir