Asubío TENDA

Cómo llegar Página web Contactar con la empresa

Asubío TENDA Asubío Tenda de produtos ecolóxicos en Verín
(1)

🍺 SE VÉS Á FESTA DA CERVEXA... fai unha parada no AsubíoEste sábado e domingo, a cervexa é protagonista en Verín. E se q...
09/10/2026

🍺 SE VÉS Á FESTA DA CERVEXA... fai unha parada no Asubío

Este sábado e domingo, a cervexa é protagonista en Verín. E se queres seguir descubrindo máis propostas, no Asubío temos as cervexas de Celebridade Galega 🍻

Nada en Estevesiños, foi a primeira fábrica de cervexa artesanal de Galicia, apostando desde os seus inicios polo produto local e ben feito.

E se a cervexa non é o teu, tamén podes aproveitar para saudar, botar un ollo e descubrir o resto de produtos que temos na tenda. 💚

Pásate polo Asubío!

O que queres e o que precisas 🧺

🥦 Aínda non te enteraches de que estou facendo un obradoiro de cociña saudable? 👀📸 Déixoche por aquí algunhas fotos do a...
08/10/2026

🥦 Aínda non te enteraches de que estou facendo un obradoiro de cociña saudable? 👀

📸 Déixoche por aquí algunhas fotos do anterior que fixemos. Se queres participar, o próximo será o xoves 22 de outubro ás 17:30 h. no Asubío.

📍 Rúa Maior, 31 · Verín
💶 10 €
📲 Reserva o teu oco no 615 34 38 79

Pero non só iso. Se formas parte dunha asociación de mulleres, asociación veciñal ou outro colectivo da comarca, podo levar o obradoiro ao voso espazo.

Se che parece interesante esta iniciativa, falamos e organizamos unha sesión para o voso grupo 💚

O que queres e o que precisas 🧺

🥦 Falabamos de toda a información que recibimos arredor da alimentación. Agora quero poñer todo isto en práctica.O xoves...
02/10/2026

🥦 Falabamos de toda a información que recibimos arredor da alimentación. Agora quero poñer todo isto en práctica.

O xoves 22 de outubro ás 17:30 h, porei en marcha un obradoiro de cociña saudable de nivel básico para achegar os coñecementos esenciais e ferramentas prácticas que nos axuden a tomar decisións con criterio no día a día.

Falaremos de alimentación equilibrada, hábitos, necesidades que cambian ao longo da vida e falsas crenzas que levamos anos escoitando arredor da comida.

E non quedará todo na teoría: tamén haberá cociña práctica e degustación 👩‍🍳

📍 Rúa Maior, 31, Verín
📅 Xoves 22 de outubro
🕠 17:30 h.
💶 10 €
📲 Reserva o teu oco no 615 34 38 79

Porque entender o que comemos é unha parte esencial para comer mellor.

O que queres e o que precisas 🧺

🥦 Temos máis información sobre alimentación ca nunca. E, aínda así, non sempre é máis fácil saber que comer.Cada día ato...
25/09/2026

🥦 Temos máis información sobre alimentación ca nunca. E, aínda así, non sempre é máis fácil saber que comer.

Cada día atopamos recomendacións, dietas, alimentos que pasan de imprescindibles a prohibidos e bulos que se repiten tanto que acaban parecendo verdades.

Pero hai algo que tamén deberiamos ter en conta: o noso corpo cambia e as nosas necesidades tamén. Non comemos igual aos 20 que aos 50, nin temos sempre as mesmas rutinas, necesidades ou circunstancias.

Entón, que facemos con toda esa información?

Quizais o importante non sexa atopar a dieta perfecta, senón ter criterio para distinguir o que nos serve do que non e entender mellor por que comemos como comemos.

Porque comer ben tamén é saber decidir.

O que queres e o que precisas 🧺

🥗 Dámoscho feitoSetembro trae consigo a volta aos horarios, ás rutinas e tamén a recuperar pouco a pouco os nosos hábito...
18/09/2026

🥗 Dámoscho feito

Setembro trae consigo a volta aos horarios, ás rutinas e tamén a recuperar pouco a pouco os nosos hábitos.
E para axudarche a volver aos horarios sen romperse a cabeza na cociña, traio unha combinación sinxela e completa:

🌱 Tempeh de soia de
🫑 Pementos asados á leña de A'Ermida
🫛 Chícharos de Machandel
🥔 Patacas xa cocidas ao v***r de

Un pouco de aceite, as túas especias favoritas e á sarten. Cando a calidade dos ingredientes vén dada, non fai falta moito máis.

O que queres e o que precisas 🧺

Do campo á nosa mesaCada alimento ten unha historia detrás: unha terra que coidar, persoas que a traballan e tempo para ...
09/09/2026

Do campo á nosa mesa

Cada alimento ten unha historia detrás: unha terra que coidar, persoas que a traballan e tempo para que cada produto chegue ata nós 👩‍🌾👨‍🌾

🌾 Hoxe, no Día Mundial da Agricultura, lembramos a importancia de valorar o que hai detrás de cada alimento que poñemos na mesa.

No Asubío podes descubrir unha selección de produtos que parten precisamente de aí: da terra e de quen a coida.

O que queres e o que precisas 🧺

Un toque doce para comezar o día🍓Unha boa marmelada pode cambiar por completo algo tan sinxelo como unha torrada, un iog...
07/09/2026

Un toque doce para comezar o día🍓

Unha boa marmelada pode cambiar por completo algo tan sinxelo como unha torrada, un iogur ou unha sobremesa.

A marmelada de froitos do bosque de Amorodo, elaborada con ingredientes ecolóxicos, combina o sabor da froita cunha textura perfecta para desfrutar en calquera momento do día. 🌿

🥐 Para os almorzos, as merendas ou para darlle un toque especial ás túas receitas.

O que queres e o que precisas 🧺

Amorodo Conservas Ecolóxicas

💚 Grazas por facer do Desestoca un éxito!Quedamos sen existencias e, sobre todo, coa sensación de que pagou a pena. 🥰Gra...
02/09/2026

💚 Grazas por facer do Desestoca un éxito!

Quedamos sen existencias e, sobre todo, coa sensación de que pagou a pena. 🥰

Grazas a todas as persoas que vos achegastes, mercastes, apoiastes e fixestes posible esta edición.

E grazas tamén a todo o equipo de Aever Verín , polo traballo e a implicación para facelo posible. 🙌

O que queres e o que precisas 🧺

🫚 Desmontando bulos: os amorodos maduran na casa? 🤔❌ FALSOSeguro que algunha vez deixaches uns amorodos algo verdes pens...
01/09/2026

🫚 Desmontando bulos: os amorodos maduran na casa? 🤔

❌ FALSO

Seguro que algunha vez deixaches uns amorodos algo verdes pensando que co paso dos días estarían máis doces… pero non funciona así 🍓

A diferenza doutras froitas como o plátano ou o aguacate, os amorodos non continúan madurando unha vez recollidos. Se os mercas verdes, o máis probable é que non gañen dozura, senón que acaben estragándose antes de chegar ao seu punto ideal.

🛒 O mellor truco? Escolle os amorodos xa maduros, con boa cor e aroma, para desfrutar de todo o seu sabor 💚

Coñecer os alimentos que consumimos tamén nos axuda a escoller mellor e aproveitar ao máximo cada produto.

O que queres e o que precisas 🧺

🛍️ Vémonos no Desestoca!Este domingo 30 de agosto, saio ata o parque da Alameda para participar na primeira edición do D...
28/08/2026

🛍️ Vémonos no Desestoca!

Este domingo 30 de agosto, saio ata o parque da Alameda para participar na primeira edición do Desestoca.

Esta vez, a alimentación queda na tenda e levo conmigo algunhas das cousiñas para o día a día:

👜 Bolsas
🕶️ Gafas
📓 Libretas

E máis cousas que terás que vir para descubrir 👀

Un plan de domingo para dar unha volta pola Alameda, curiosear e, se inda non pasaras pola tenda, coñecerme! 🌱

Domingo 30 de agosto
📍 Parque da Alameda (Verín)
🕛 12:00 - 22:00 h (con parada para comer)

O que queres e o que precisas 🧺

Aever Verín

Dirección

Rúa Maior 31 Baixo Verín
Verín
32600

Horario de apertura

Lunes 10:00 - 14:00
17:00 - 20:00
Martes 10:00 - 14:00
17:00 - 20:00
Miércoles 10:00 - 14:00
17:00 - 20:00
Jueves 10:00 - 14:00
17:00 - 20:00
Viernes 10:00 - 14:00
17:00 - 20:00
Sábado 10:00 - 14:00

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Asubío TENDA publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Empresa

Enviar un mensaje a Asubío TENDA:

Atajos

Compartir