Árbore - Consumo Consciente

Llamar Cómo llegar Página web Contactar con la empresa

Árbore - Consumo Consciente Somos unha cooperativa galega de consumo consciente. Productos ecolóxicos | Veggies | Comercio Xusto

🍂 Chega a tempada de arrefriados! Coida de ti coa axuda da natureza. 🌿Cos cambios de temperatura, os virus e as primeira...
16/10/2026

🍂 Chega a tempada de arrefriados! Coida de ti coa axuda da natureza. 🌿

Cos cambios de temperatura, os virus e as primeiras molestias na gorxa, é o momento de prestar un pouquiño máis de atención ao noso benestar.

🌱 Na nosa tenda atoparás opcións naturais para acompañarte nesta tempada:

🍯 Aprolis Erysim Forte Intersa Labs: spray bucal con herba dos cantores, própole, eucalipto e tomiño. Ideal para ter a man cando necesitas coidar a gorxa.

🐻 Aprolis Kids Echina Propol Intersa Labs : unha opción infantil con equinácea e própole, pensada para os máis pequenos da casa.

🧡 Soria Natural Allerstop: unha fórmula a base de extractos vexetais para quen busca unha alternativa natural dentro da súa rutina de benestar.

✨ Cóidate durante todo o outono e o inverno con pequenos hábitos: descansar ben, manter unha boa hidratación, seguir unha alimentación equilibrada e escoller os produtos axeitados para ti e para a túa familia.

📍 Achégate á nosa tenda e axudarémoste a atopar a opción máis axeitada para as túas necesidades!

🍄‍🟫🍄‍🟫 Esta semana chegáronnos os primeiros cogomelos shiitake da tempada!Veñen directos desde  para a tenda. A partir d...
15/10/2026

🍄‍🟫🍄‍🟫 Esta semana chegáronnos os primeiros cogomelos shiitake da tempada!
Veñen directos desde para a tenda. A partir de agora contade con encontralos nas nosas estanterías 😉

Neste ano 2026 celebramos o noso 25º aniversario! E con motivo desta celebración convocamos o Concurso de Carteis do 25º...
05/10/2026

Neste ano 2026 celebramos o noso 25º aniversario! E con motivo desta celebración convocamos o Concurso de Carteis do 25º Aniversario de Árbore. 🖌👩‍🎨🖼

O obxectivo é promover a creatividade artística e reflexionar, a través da expresión visual, sobre temas tan actuais como o consumo responsable, a sustentabilidade, a cooperación e a participación comunitaria.

Consulta as nosas bases neste post e anímate a participar!

28/09/2026
21/09/2026
As mellores rutinas comezan con pequenos xestos.A volta ao cole tamén significa manter eses hábitos que coidan de toda a...
14/09/2026

As mellores rutinas comezan con pequenos xestos.
A volta ao cole tamén significa manter eses hábitos que coidan de toda a familia. Como lavar os dentes cada mañá e cada noite.
Co noso dentífrico infantil NaturaBIO Cosmetics , as máis pequenas e os máis pequenos gozan dunha hixiene bucal diaria cunha fórmula certificada de cosmética natural e un agradable sabor a froitas.

💚 Porque coidar do seu sorriso tamén é coidar do planeta.
Comeza bio. Comeza ben.

🧀🥛 Hoxe comeza a cata de Arqueixal en Árbore!Achégate hoxe e mañá á tenda e proba dous produtos cunha historia moi espec...
11/09/2026

🧀🥛 Hoxe comeza a cata de Arqueixal en Árbore!

Achégate hoxe e mañá á tenda e proba dous produtos cunha historia moi especial: o queixo Arzúa-Ulloa e o iogur natural ecolóxico de Arqueixal. 💚

🐄 Leite ecolóxico
🤲 Elaboración artesanal
🌾 Producidos en Palas de Rei
💚 Apoio a un rural vivo e con futuro

Proba, descubre e déixate sorprender!

📅 Hoxe 11 e mañá 12 de setembro
📍 Árbore

Agardámoste! 🧀🥄

Hai historias que saben á terra. Esta é a de Ecoagroturismo Arqueixal .No corazón da comarca da Ulloa (Lugo), en Santiag...
04/09/2026

Hai historias que saben á terra. Esta é a de Ecoagroturismo Arqueixal .

No corazón da comarca da Ulloa (Lugo), en Santiago de Albá, unha familia leva máis de 25 anos demostrando que producir alimentos tamén pode ser unha maneira de coidar o rural.

🐄 As súas vacas pastan en liberdade nas pradarías.
🥛 Co seu leite ecolóxico elaboran artesanalmente queixos e iogures.
🌱 Traballan sen pesticidas nin fertilizantes químicos, respectando os ritmos da natureza.
🤲 E manteñen vivos saberes, paisaxe e formas de vida ligadas á terra.

Por todo isto, Arqueixal é +Coop: porque detrás de cada produto hai moito máis ca alimento. Hai territorio, tradición, agricultura ecolóxica e futuro para o rural galego.

💚 Descubre Arqueixal en Árbore e leva á túa mesa un anaquiño de Palas de Rei.

E nesta etapa do ano chega á nosa tenda algo de tropicalia! 🥭🥭Hoxe temos as primeiras granadas ecolóxicas da tempada, qu...
03/09/2026

E nesta etapa do ano chega á nosa tenda algo de tropicalia! 🥭🥭
Hoxe temos as primeiras granadas ecolóxicas da tempada, que veñen desde Valencia de Granadas ecologicas
E esta semana tamén recibimos os primeiros mangos ecolóxicos, que veñen de Granada, da man de Aguacates ecológicos
Aguardamos que desfrutedes delas! 😉

Dirección

R. López Mora, 30, Pontevedra
Vigo
36211

Horario de apertura

Lunes 10:00 - 14:00
17:00 - 20:00
Martes 10:00 - 20:00
Miércoles 10:00 - 14:00
17:00 - 20:00
Jueves 10:00 - 20:00
Viernes 10:00 - 14:00
17:00 - 20:00
Sábado 10:30 - 14:00

Teléfono

+34986233497

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Árbore - Consumo Consciente publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Empresa

Enviar un mensaje a Árbore - Consumo Consciente:

Atajos

Compartir