Tembra. Quinteiro doce

Tembra. Quinteiro doce Distribuímos os nosos produtos ao comercio local e de proximidade de todo o país!

05/05/2026

Andamos amaiadas!! 💛💛💛👋

Bolachas en papel kraft, á venda coma sempre no comercio local galego!

30/04/2026

🌾 A tradición dos maios veu para ficar con nós. Arredamos o inverno e os malos espíritos, mentres reivindicamos os nosos dereitos. Non hai data coma ela! ✨🔥🔥🔥

29/04/2026

O 29 de abril é o Día Internacional da DANZA. Vai un aturuxo ben forte por todas as asociacións do país que poñen en valor e sosteñen o noso baile e a nosa cultura. 📣📣 🩵Sodes orghullo!!🩵

Desde a Asociación cultural de Asados, no noso concello, convidáronnos a aprender máis, facer comunidade e participar da aleghría que produce o baile tradicional! Sempre agradecidxs! 🫂

Vai sendo tempo de que se cree unha escola oficial do baile galego!! 👈 ✨✨

👉 Agradecementos aos e ás bailadoras e ao noso mestre Marcos Botana! 👏👏👏😘

🥁 Soa a Muiñeira de Veiga de Logares, tocada polo Emilio Lois

O 25 de abril é unha festa ❤️🌹❤️
25/04/2026

O 25 de abril é unha festa ❤️🌹❤️

19/03/2026

Saímos do noso Quinteiro e andando, andando… cheghamos a unha casa con moito significado, que dito sexa de paso, ben merecía unha recuperación e posta en valor, porque é histórica ✊🩵 Un espazo que hoxe debera ser do pobo e para o pobo.

Xa ides adiviñando de quen é? 🤩

12/03/2026

👇

Carameleiros con pau 🍭 do noso Quinteiro, xa á venda onde teñen que estar! Nas tendas ao pé da porta, onde flúen os contos e fasemos recados! 👋😊

🌼🌼🌼 nun suspiro xa estamos na primavera, e o Quinteiro trae novas! 🔥🔥🔥

10/03/2026

Pois si, Antón e Luís prenderon nunha ‘maceira’. Querían comentar a introdución dos caramelos en bote de vidro da artista , mais non deron chegado ao asunto. Hai cousas que son máis importantes… Hai que ir aprendendo a facer a poda ✂️(aínda que xa vaia a explicación un pouco tarde! 🙄🥲)

👉 Xa tendes nas tendiñas diversas do comercio local galego o bote Toxo da artista cambadense, agora cheo de caramelos de pau. 🍭🍭🍭

Hoxe é o día en que esta muller, arma poderosa, veu ao mundo para deixar moito dela e moito de nós. Lonxe desa idea mela...
23/02/2026

Hoxe é o día en que esta muller, arma poderosa, veu ao mundo para deixar moito dela e moito de nós. Lonxe desa idea melancólica e triste entendida como febleza entrañable, hai unha mente afouta, decidida, xusta e feminista a encarar de fronte as emocións, en favor de quen somos neste cacho do planeta e co orgullo dunha lingua propia. Rosalía vive ✊🏽❤️

14/02/2026

O boteiro é unha das máscaras máis impresionantes do Entrudio en Viana do Bolo…

Que é o máis espectacular do Boteiro? Para nós, a súa careta negra de pau, con sorriso burlón, ollos grandes e expresión intimidatoria, coa súa mitra de máis de medio metro de alto, facendo debuxos con arame, recubertos de papeis de cores con símbolos da natureza. Mais, sobre todo, ese brincar alto coa monca, petando forte contra o chan para que a natureza esperte do seu sono invernal canda o seu sobrecolledor fulión. 🌱❤️‍🔥

Desfrutade en cada aldea e parroquia dos NOSOS ENTROIDOS e rillade nas bolachas ricas de nata do Quinteiro, ilustradas polo artista boirense Rodrigo Chao! 👹🫶🏽👺 Faite con elas no comercio local galego.

06/02/2026

🦚 Na comarca da Ulla, nos concellos de Boqueixón, A Estrada, Santiago de Compostela, Silleda, Teo, Touro, Vedra e Vila de Cruces, rexístrase un dos Entroidos máis destacados do país pola súa singularidade. Aquí temos a Dani Ferro que nos fala un pouquiño da súa tradición desde Bama, en Touro.

A pé ou a cabalo, diferentes figuras vestidas de maneira extraordinaria, marchan de casa en casa, uns cantando, outros lanzando vivas, e dando os atranques ao longo de toda a parroquia. 🐴

As mascaradas da Ulla están conformadas por unha serie de personaxes, sendo Xenerais e Correos os máis espectaculares, acompañados de coros e músicos. Os Xenerais, homes e mulleres, van en grupos de seis ou oito, levan casaca negra, azul escuro ou vermella con moitos adornos e condecoracións, banda transversal coa bandeira galega e/ou española e un sombreiro magnífico rematado en longas plumas de pavo real. Na man suxeitan un bastón ou sabre e as cabalgaduras levan arreos adobiados con fitas de cores e adornos de plumas ou espellos. Detrás deles van os coros: o infantil, vestido co noso traxe tradicional; e o da vellada, vestido de maneira informal. Todos acompañados de gaitas, fanfarrias ou coa banda de música.

Así, esta singular comitiva vai percorrendo todas as casas da parroquia, sendo os Xenerais quen dan a orde de parar. Nas casas recibían cartos e larpeiradas e o percorrido podía durar ata dous días enteiros.

Os atranques, cando a mascarada se reúne no campo da festa, son enfrontamentos entre Correos e Xenerais. Divídense en dous bandos, e alternando en parellas, escenifican unha batalla verbal na que se alude a problemas da política local ou outros temas de actualidade.

👹❤️‍🔥

Deseños Quinteiro doce | da.ulla

04/02/2026

Tres chocallos machos e tres femias completan o cinto das chocas, o son característico que acompaña o ritual do Entroido de Laza.

Corren sen descanso coa zamarra na man para zorregar a quen se poña diante. Os PELIQUEIROS non se tocan, son sagrados.

Levan unha máscara tallada en madeira e rematada nunha mitra debuxada con animais ou símbolos zodiacais. Nos extremos colgan cadanseus pondóns e por detrás unha pelica sintética. Camisa branca e gravata vermella, chaquetiña curta con flocos e lazos de tres cores, alamares, xarreteiras e bordados, e un pano de cores por riba dos ombreiros.

Cómpre resistencia e algo máis para levar o traxe, que pesa ata 15 kg. Ameazan e meten medo, calquera pode provocalos, pero nunca tocalos. Impoñen o seu poder alternativo, podendo entrar nas casas da parroquia. Todo este ritual non tería sentido sen o resto das tradicións e figuras que o rodean: os folións, o Maragato, a baixada da Morena, as formigas bravas, o Testamento do b***o ou a farrapada.

📣 Se ides a calquera dos Entroidos do país, informádevos e respectade. Son as raíces fondas da cultura que perviven. Coidémolas entre todxs.

📸📽️ vídeos da nosa xente de Laza de .aialma, Jorge e Alba das Grazas!

Que vivan OS NOSOS ENTROIDOS ❤️‍🔥❤️‍🔥❤️‍🔥

Dirección

Polígono De Té, Parcela 27
Rianjo
15920

Horario de Apertura

Lunes 06:00 - 14:00
Martes 06:00 - 14:00
Miércoles 06:00 - 14:00
Jueves 06:00 - 14:00
Viernes 06:00 - 14:00

Teléfono

+34627972579

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Tembra. Quinteiro doce publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Tembra. Quinteiro doce:

Compartir